GALICIA
A aposta polas enerxías verdes vai permitir que empresas como Invenergy Services viva un momento de grandes oportunidades
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, estivo nas instalacións desta empresa nas Somozas, onde explicou que a prioridade do Goberno galego no sector eólico é favorecer un desenvolvemento ordenado e compatible co medio ambiente
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, destacou nas Somozas que a aposta de Galicia polas enerxías verdes vai permitir que empresas como Invenergy Services viva un momento de grandes oportunidades.
O vicepresidente económico achegouse recentemente ás instalacións desta empresa con case 20 anos de traxectoria, referente na Comunidade na instalación, xestión e mantemento de parques eólicos e que é a responsable dos aeroxeradores que Endesa ten nos parques eólicos galegos.
O sector da enerxía vai ser un vector de crecemento e innovación en Galicia e a comarca de Ferrolterra ten potencial para converterse no epicentro da transición enerxética pola capacidade instalada e tamén desde o punto de vista loxístico e industrial a través do desenvolvemento, tamén, da eólica mariña e o hidróxeno verde.
Así, esta zona conta con tres dos catro Proxectos Industriais Estratéxicos declarados pola Xunta: a planta de hidróxeno verde de Reganosa e EDP e a factoría de pneumáticos de Sentury, ambas as dúas nas Pontes e o proxecto de Forestal del Atlántico para a produción de metanol en Mugardos. Súmanse outras iniciativas como a planta de Iffe-Biotech para producir aceites omega-3 nas Somozas ou as fábricas de compoñentes para eólica mariña de Nervión Naval Offshore no porto exterior de Ferrol e nas antigas instalacións da planta Siemens Gamesa nas Somozas.
A prioridade do Goberno galego no referente ao sector eólico é favorecer un desenvolvemento ordenado e compatible co medio ambiente. Neste sentido, a futura Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia busca ser garantista desde o punto de vista ambiental e administrativo, xerar beneficio económico onde se asenten os proxectos, así como un impacto positivo na industria.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218