Domingo, 26 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 03 de Mayo de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

As melodías do musicólogo Alan Lomax soan no Auditorio de Guizán

[Img #81783]O grupo Cantometrics pon en valor o patrimonio inmaterial galego interpretando melodías do arquivo do musicólogo Alan Lomax nun concerto que vaise celebrar este sábado día 6 de maio ás 20:30h
no Auditorio de Guizán.

 

O arquivo de Alan Lomax é unha inesgotable fonte de melodías de gran parte do planeta no que Galicia ten un posto destacado. Acompañado de Jeanette Bell, o musicólogo percorreu o país gravando melodías, permitindo que hoxe en día coñezamos músicas que doutro xeito terían desaparecido. Son estes sons, gravados nos anos cincuenta, os que Cantometrics recolle e transforma empregando acordeón, marimba, percusións, zanfona, gaita e voz.

 

Cantometrics quere dar homenaxe a este traballo de recollida revisitando as músicas e as historias que as acompañan: que é iso do cantometrics? Por que Lomax foi investigado polo goberno estadounidense? Quen son as persoas que cantan no seu arquivo? Que teñen en común a música dos canteiros galegos coa dos
mariñeiros calabreses? E un capador de Faramontaos con Miles Davis? A proposta musical do espectáculo complétase cunha breve achega á figura do musicólogo e da súa colaboradora, así como das persoas ás que se lles realizaron as gravacións: Lomax e Bell entenderon que as entrevistas ás informantes eran parte imprescindible do seu traballo e, do mesmo xeito, Cantometrics quere que o público entenda a través das vivencias destas dúas personaxes a importancia do seu traballo.

 

Coincidindo co 70º aniversario da viaxe de Lomax a Galicia (1952-53), Cantometrics renova e pon en valor o repertorio galego do arquivo de Lomax, mostrando as súas conexións con músicas doutras localizacións; ademais de reivindicar o papel das mulleres neste arquivo, tanto o das informantes como o da propia Jeanette Bell, moitas veces esquecida nas biografías do musicólogo.

 

A cita será este sábado día 6 de maio ás 20:30h no Auditorio do Centro Social de Guizán - Mos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.