GALICIA
R aumenta a súa base de clientes en 2022 e mellora a conectividade de Galicia
R destaca polo seu bo desempeño comercial nos últimos meses e a peche de 2022 supera os/as 600.000 clientes/as, entre liñas de banda larga e móbiles pospagamento
R, o operador de telecomunicacións de referencia en Galicia, presentou esta mañá balance da súa actividade en 2022, onde a compañía continuou aumentando a súa base de clientes/as en condicións de mercado especialmente difíciles, ao tempo que mellorou de xeito significativo as redes de telecomunicacións de fibra e móbil que pon a disposición dos seus/das súas clientes/as en Galicia.
Ao longo de 2022, R mantivo o seu bo momento comercial e pechou o ano pasado cunha cifra próxima aos 205.000 servizos fixos de banda larga e 400.000 liñas móbiles pospagamento, ata acadar a cifra de máis de 600.000 clientes/as que confían os seus servizos de telecomunicacións a R.
Tendo en conta os/as clientes/as de R e do resto das marcas do Grupo, MASMOVIL conta en Galicia con máis de 1,1 millóns de clientes/as, dos cales preto de 315.000 son servizos fixos de banda larga e aproximadamente 800.000, liñas de móbil pospagamento.
“Estamos moi contentos da evolución de R durante o ano pasado, xa que seguimos sendo a marca de referencia para os galegos e as galegas, con forte arraigo e implicación local. Ademias, somos líderes en fibra óptica e melloramos aínda máis a nosa cobertura móbil, ao tempo que ofrecemos tamén 5G nos nosos servizos converxentes de telecomunicacións, dixo Alfredo Ramos, Director de R e do Grupo MASMOVIL en Galicia.
Dende hai algo máis dun ano “R converteuse na principal insignia en Galicia do Grupo MASMOVIL. A integración da marca impulsou os nosos resultados sobre todo pola mellora nas redes de telecomunicacións que lles ofrecemos aos galegos/as, e pola mellora nos niveis de satisfacción dos nosos/as clientes/as cos nosos servizos”, engadiu Ramos.
Mellora de infraestruturas de telecomunicacións para clientes de R en Galicia
Ao longo de 2022, R continuou mellorando as redes de telecomunicacións que pon a disposición dos/as clientes/as en Galicia e, dende que forma parte do Grupo MASMOVIL, o investimento acumulado no desenvolvemento das redes de telecomunicacións galegas supera os 100M€. O investimento previsto de R para continuar mellorando estas redes supera os 175 M € para o período comprendido entre 2022 e 2024.
Neste sentido, 313 concellos galegos, case o 100 % da totalidade, dispoñen nestes momentos de acceso aos servizos de fibra óptica con R e poden gozar de altísima velocidade simétrica de banda larga (1 Gb e ata 10 Gb potenciais), router wifi 6 de última xeración e outros servizos avanzados que sitúan Galicia á vangarda das telecomunicacións.
En termos de fogares, na actualidade hai xa 1,6 millóns de vivendas e empresas comercializables coa fibra óptica de última xeración de R, o que converte o operador galego en líder do mercado en cobertura de internet coa tecnoloxía máis avanzada. Durante este ano, realizaranse novas despregaduras de fibra e preto de 67.000 novos fogares das catro provincias galegas quedarán cubertos coa rede de fibra óptica de R.
5G de R: móbil con cobertura óptima e banda larga ‘sen fíos’ para o rural
Co obxectivo de lles ofrecer aos/ás habitantes de Galicia as mellores redes de telecomunicacións móbiles dispoñibles, arestora preto dun 85 % da poboación galega -185 concellos- pode gozar xa da cobertura óptima do 5G de R. Ademais, ao longo de 2023, R agarda acadar con esta tecnoloxía a mesma cobertura que existe actualmente dos servizos 4G para que a comunidade poida competir en calquera mercado ao máximo nivel e fogares e empresas dispoñan dos servizos de telecomunicacións máis avanzados.
Ao tempo, R ofrécelles aos/ás seus clientes/as, alí onde non existe banda larga fixa, a súa oferta de Internet rural a través da tecnoloxía 5G, que está a obter un grande éxito comercial XA que o servizo permite achegar a alta velocidade a lugares de Galicia onde non chega a fibra óptica. De feito, preto de 300.000 fogares moi espallados a consecuencia da complicada orografía galega poden recibir servizos de banda larga grazas ao 5G, con alta velocidade e wifi 6.
Actualmente son 148 os concellos da comunidade que poden gozar desta proposta de R, que se converte, así, no primeiro operador que lles dota dunha solución converxente fixa e móbil a clientes/as sen fibra.
Por outra banda, a práctica totalidade das 400.000 liñas do servizo móbilR viron notablemente mellorada a calidade de servizos e a súa cobertura móbil grazas á migración dos/das usuarios/as particulares á infraestrutura do Grupo MASMOVIL. A nova rede garante unha conexión óptima e un servizo de telefonía móbil de máxima calidade.
Esta mellora da conectividade fixa a través de fibra óptica e de móbil con 5G en Galicia, unha oferta sinxela e completa de servizos, xunto a unha mellora na experiencia dos/as clientes/as baseada nunha maior calidade de servizo, son as principais razóns da boa tendencia do negocio de R nos últimos meses. De feito, as incidencias e problemas detectados polos/as clientes/as reducíronse nun -27 % con respecto ao exercicio de 2021, mentres que o índice de satisfacción con R aumenta nun +13 %, e os niveis de recomendación (NPS/ prescritores) se incrementan nun +28 %.
R, referente tecnolóxico para empresas e asesora do Kit Dixital
Dende o inicio da súa actividade hai xa máis de dúas décadas, R foi o operador de comunicacións de referencia en Galicia para as empresas do territorio. As últimas cifras confirman o seu posicionamento no mercado empresarial galego, onde presta servizo a 34.000 empresas, entre grandes clientes, pemes y pequenos negocios, e no que facturou 61M€ no exercicio anterior.
En 2022, R puso a disposición das empresas galegas a súa rede de fibra e 5G, solucións innovadoras na nube, control remoto con Intelixencia Artificial e propostas avanzadas de ciberseguridade, entre outros fitos. Todo isto xestionado 7x24 con gran protagonismo dos servizos Big Data e IA.
O papel tractor e asesor de R no tecido empresarial galego adquiriu máis importancia, se cabe, dende a posta en marcha do programa Kit Dixital do Goberno de España; neste contexto xestionouse xa o bono dixital e asesorouse sobre este plan de recuperación con fondos europeos ‘Next Generation’ a máis de 1.500 empresas sen custo ningún. Desta maneira, como axente dixitalizador, R trata de impulsar a revitalización económica e social de pequenas e medianas empresas axudándoas a conseguir solucións dixitais adaptadas á conxuntura de cada negocio.
Compromiso co territorio e criterios ESG
Finalmente, R continuou apostando por accións ESG para xerar impacto positivo nas actividades que desenvolve (medioambientais, sociais e de gobernanza) e reforzou o seu forte compromiso co territorio galego e cos seus habitantes.
Ademais de xerar postos de traballo para unhas 1.600 persoas (entre emprego directo e indirecto), o compromiso de R con Galicia, unido ao reforzo deses valores ESG situaron a R en postos sobresaíntes nas edicións do Atlas Galego da Empresa Comprometida, que avalía o papel das empresas a respecto da contorna e os axentes sociais ou a xestión do goberno corporativo, entre outros parámetros.
A Cátedra R en Ciberseguridade, pioneira como proxecto interuniversitario co sector privado, as parties informáticas XGN R Encounter, que reúnen milleiros de participantes ano tras ano, os obradoiros de robótica crea R para nenos e nenas, a acción lúdica dos monólogos R ou a acción social de Enredando tour R con Cruz Vermella de Galicia para rematar coa fenda dixital que lles afecta ás persoas maiores... son só algúns exemplos da actividade que dende hai anos, e tamén no pasado exercicio, ratificaron a promesa de R de ofrecer ese plus de valor sostible no territorio galego.
Como parte do Grupo MASMOVIL, R obtivo tamén outras certificacións ESG destacadas, como a de ser o primeiro operador europeo cualificado empresa B-Corp, a primeira teleco cualificada Zero Neutral Carbon ou os certificados ISO 14001 (xestión ambiental) e ISO 50001 (eficiencia enerxética). Ademais, recentemente o Grupo conseguiu o rating Sustainable Fitch con 77 puntos sobre 100, a mellor puntuación entre as compañías europeas de telecomunicacións que demostra a súa aposta polo liderado en sostibilidade. Por último, a prestixiosa organización mundial CDP recoñeceu o Grupo polo seu especial coidado do medio ambiente.
Para pechar o relato do exercicio 2022, unha referencia ao Premio de Publicidade en Galego que R recolleu no Parlamento de Galicia hai uns meses xunto á axencia galega quattro idcp, desenvolvedora do spot gañador; un traballo audiovisual editado durante a pandemia para lles dar as grazas e animar os colectivos que tanto se esforzaron e sacrificaron nos momentos máis duros da crise sanitaria.
Xa en 2023, a campaña de R “Perdón”, tamén con quattro, obtén no XIII Smile Festival o ‘premio á mellor execución de campaña publicitaria’, polo seu desenvolvemento de varios vídeos e gráficas para ‘publicitar’ a mellora da cobertura móbil de R.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.102