MUNDO EMPRESA
Conde apunta que Galicia quere ser un foco de atracción de talento e investimento no ámbito tecnolóxico
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, que interviu na Coruña na apertura de Ecosystems 2030, pon como exemplos a Axencia Española de Intelixencia Artificial, o Polo Cuántico e a Cidade das TIC
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, apuntou onte na apertura de Ecosystems 2030 na Coruña que Galicia quere ser un foco de atracción de talento e investimento no ámbito tecnolóxico.
Entre os exemplos que demostran este afán, Conde mencionou a Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (Aesia), que se ubicará na Coruña e que respalda os obxectivos marcados pola Xunta a través da Estratexia Galicia Dixital 2030. Nesta liña tamén se enmarca o Polo Cuántico, dentro do cal se inclúe o acordo con Fujitsu para a adquisición dun computador cuántico que se vai instalar no Centro de Supercomputación de Galicia; e a Cidade das TIC da Coruña e o Data Center que está desenvolvendo Ingenostrum; así como o Polo Aeroespacial de Galicia.
O vicepresidente primeiro, que destacou a importancia de que A Coruña sexa sede dun foro como Ecoystems 2030, subliñou que o encontro vai permitir afondar nos avances que están por vir da man da intelixencia artificial, a cuántica ou a I+D+i.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218