Mos
Nidia Arévalo presenta o seu plan estratéxico de vivenda
Fíxoo en San Eleuterio acompañada da súa número 3 de candidatura, da parroquia de Tameiga, Feli Rodríguez, e do 7, José Ramilo, arquitecto técnico e enxeñeiro de Edificación
Coa Fase 2 de Vivendas de Protección Oficial (VPO) en San Eleuterio encauzada, xa que o Concello xa cedeu a parcela de 2.000 metros cadrados para construír as 20 novas vivendas públicas na localidade, cun investimento inicial estimado da Xunta de Galicia de 3 millóns de euros, e o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) inmerso na redacción do correspondente proxecto; a alcaldesa de Mos e candidata á Alcaldía polo PP mosense, Nidia Arévalo, presentou esta mañá o Plan Estratéxico de Vivenda incluído no seu programa electoral coas propostas para a lexislatura 2023-2027 co que se presentará aos comicios locais do vindeiro 28 de maio.
Anunciou en San Eleuterio os seus proxectos de futuro para o municipio en materia de urbanismo, vivenda e infraestruturas acompañada pola súa número 3 de candidatura, da parroquia de Tameiga, Feli Rodríguez, e do 7, José Ramilo, arquitecto técnico e enxeñeiro de Edificación.
"Este Plan Estratéxico de Vivenda suporá o desenvolvemento de políticas públicas de intervención/actuación sobre o urbanismo municipal, cos obxectivos de liderar, cooperar e impulsar o desenvolvemento do PXOM (aprobado en 2017), favorecer o desenvolvemento das áreas urbanas" sinalaba. Crear novos espazos de calidade urbana: nos que a prioridade será a mellora da calidade de vida da veciñanza na zona e a súa contorna (alta calidade dos espazos libres e os equipamentos). Xerar e poñer a disposición da veciñanza un novo parque de vivendas públicas, en réxime de venta ou aluguer. (De xeito inmediato, logo da 2ª fase que desenvolve o IGVS na actualidade, continuarase coa 3ª fase na parcela contigua, e con outras actuacións en outras áreas urbanas). Rendabilizar e completar as dotacións e servizos existentes, reducindo os custes directos para os veciños. E crear a Oficina Municipal de Vivenda: para colaborar coa veciñanza en facilitar información actualizada e na tramitación de axudas vencelladas ao acceso á vivenda.
O Plan Estratéxico de Vivenda que propón Arévalo coordinará igualmente o plan de axudas ao alugueiro, especialmente dirixido á xuventude e aos maiores, así como a asistencia ás persoas en situación de emerxencia, o cal se coordinará coa Concellería de Política Social. E favorecerá a implementación de novas formasde aloxamento e vivenda compartida (cohousing/coliving, etc).
Outras iniciativas en materia de urbanismo, vivenda e infraestruturas
Ademais de pór en marca o Plan de Vivenda, Arévao asegurou que "axilizarase a tramitación dos expedientes urbanísticos (licenzas e declaracións responsables), colaborando coa veciñanza na reducción dos prazos. Implementaranse novas actuacións de humanización e urbanización en espazos degradados, que supoñan a dotación de novas infraestruturas e a transformación da calidade ambiental do noso territorio. Priorizarase a mellora da calidade de vida no medio rural, como espazo complementario das zonas urbanas. A tal efecto, preservarase e porase en valor a riqueza ecolóxica, cultural, histórica, patrimonial e paisaxística destes ámbitos máis vencellados ao medio natural. Potenciarase a execución de sendas peonís e ciclables que favorezan a conectividade saudable entre as zonas do territorio municipal. Impulsarase a implementación de edificacións de alta eficiencia enerxética, que pulen polo autoconsumo de enerxías renovables (vivendas de consumo enerxético nulo ou pasivas). E impulsarase un Plan integral de Mellora da accesibilidade universal e a eliminación de barreiras, tanto en edificacións de titularidade pública como privada que acrediten a necesidade, así como fundamentalmente en espazos públicos do medio rural que presenten problemas, vencellados ao lecer e a mobilidade da poboación".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141