Vigo
Quinto aniversario da conexión entre Canarias e Vigo
A aerolínea Binter celebra o quinto aniversario da súa conexión entre Vigo e Canarias.
O director Comercial e de Márketing de Binter, Miguel Ángel Suárez, destacou os 185.000 pasaxeiros que voaron de forma directa entre Vigo e Canarias durante estes cinco anos. “O ano pasado voaron 62.000 persoas, o que a converte no roteiro con maior volume de viaxeiros de Binter no exterior”, asegurou, á vez que engadiu que teñen previsións de crecemento.
Vigo é o único destino da rede con voos todos os días da semana, catro a Gran Canaria e tres a Tenerife. Ademais, os pasaxeiros poden realizar de maneira gratuíta conexións co resto das illas. “O pasaxeiro deste roteiro é moi variado, desde os que veñen por lecer a gozar de Vigo, a súa gastronomía e todo o que ofrece, ata outros moitos que o fan por ter familia na cidade e tamén por motivos de traballo”, engadiu Suárez.
“É unha enorme satisfacción atoparme con tantos cidadáns canarios en nosas cales grazas á ponte aérea que Binter realiza entre Vigo e Tenerife e Gran Canaria”, afirmou Caballero, á vez que lembrou o irmandamento da cidade olívica coas Palmas, que “fai que a conexión entre nós sexa máis especial”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218