Miércoles, 05 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 07 de Mayo de 2023 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

A ampliación do IES Pedras Rubias xa conta con licenza

Despois da aprobación no pleno do pasado 27 de abril da bonificación do 95% do ICIO para a construción da ampliación do IES Pedras Rubias, por razóns de declaración de utilidade pública, na Xunta de Goberno Local celebrada no día de hoxe aprobouse por unanimidade a licencia urbanística para dita ampliación.


Esta licenza conta cos informes favorables do departamento técnico de urbanismo, que lle deu prioridade despois de que a Consellería presentase toda a documentación requirida para outorgar a licenza solicitada.


A ampliación consta dun novo módulo  fronte á entrada principal do edificio que se comunicará co existente, á vez que respecta tanto a pista descuberta, como o campo de fútbol e a zona axardinada da parcela. O orzamento de execución material según o proxecto presentado ascende a 2.305.131,30 euros.


Esta ampliación que supón o máximo da edificabilidade da parcela, dará resposta á necesidade existente para continuar co bacharelato implantado neste curso académico.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.