Martes, 21 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 20 de Abril de 2026 a las 21:55:06 horas

Xornal21.es
Domingo, 07 de Mayo de 2023 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

O torreiro de Taborda transfórmase nun espazo atractivo e de lecer

O Concello iniciou as obras de remodelación dunha zona de case 2.000 m2 que inclúe a retirada do palco existente

Tomiño dá novos pasos na transformación do modelo urbano do municipio, potenciando os núcleos de centralidade en todas as parroquias, como xa fixo en Goián, Amorín ou Vilameán, entre outros. Neste camiño, o Concello xa iniciou as obras de acondicionamento e remodelación do torreiro de Taborda, un espazo de case 2.000 metros cadrados que se converterá “nun espazo atractivo, que invite á xente a utilizar a praza dun xeito seguro e accesible, potenciando así as actividades de lecer e poñendo en valor a arquitectura e o espazo público”, explica a alcaldesa Sandra González.


Os traballos que se están a levar a cabo mellorarán as condicións espaciais do torreiro, potenciando os elementos patrimoniais e favorecendo as relacións entre a veciñanza incrementando os espazos de estancia e convivencia. Xa se procedeu a retirar o palco existente, mellorando enormemente a superficie e calidades espaciais do torreiro, contribuíndo a poñer en valor a igrexa.


Dende o Concello saliéntase a colaboración da comunidade de montes de Taborda, que adquiriu unha parcela colindante para ampliar o espazo do torreiro. Neste espazo crearase un lugar de estancia con mesas e zonas de arborado e unha senda que atravesará a zona ata a entrada do novo centro cultural, un inmoble existente na parcela que rehabilitará a comunidade de montes.


Crearase unha plataforma granítica arredor do cruceiro para poñelo en valor e establecerase en toda a zona unha plataforma única con prioridade peonil, con pasos elevados á entrada e saída. Acabados suaves, cores naturais acorde ao uso peonil e humanizado converterán o espazo nunha zona moi atractiva para a veciñanza.
O resultado será “un espazo público contemporáneo, máis humanizado no que prima o uso peonil e que pon en valor a arquitectura e mais o espazo, cunha iluminación específica pensada para este ámbito e novo mobiliario urbano”.


A transformación do torreiro de Taborda suporá un investimento de 210.000 euros co financiados polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e fondos propios do Concello. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.