Lunes, 02 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 08 de Mayo de 2023 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Luis López destaca que Paula Bouzós conseguirá un Gondomar "de 10"

Paula Prado lembra que “votar ao PSOE de Paco Ferreira é votar a Pedro Sánchez e ás súas políticas”, como a lei que rebaixou a pena de cárcere a máis de 1.000 agresores sexuais

O presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, asegurou que o gran ambiente que se respira en Gondomar demostra que hai gañas de cambio, “e hai só unha persoa, un equipo e un partido que pode facelo: o Partido Popular liderado por Paula Bouzós”.

 

Foi durante a presentación da candidatura do PP ás eleccións municipais do 28 de maio. López asegurou que os veciños teñen “a oportunidade de conseguir entre todos Un Gondomar de 10, non só pola calidade na súa xestión , senón tamén porque o compromiso de toda esta candidatura é traballar de xeito igualitario en todas e cada unha das parroquias”.

 

Nesta liña, recordou que “en maio o que está en xogo é o futuro de Gondomar. Son as eleccións máis importantes para os nosos concellos. A política local é a que transforma o concello no que vivimos. Por iso é tan importante elixir ben, apostar por proxectos serios, por equipos que traballen, que teñan ilusión e ideas. Por persoas que empaticen e entendan as nosas preocupacións e, sobre todo, por partidos que resolvan”.

 

Non como ocorre agora en Gondomar, engadiu, “cun goberno acomodado, desgastado, ao que lle gusta pouco dar explicacións da súa xestión. No que hai moita improvisación e falta planificación. Un goberno socialista que atende só no centro, tratando de veciños de segunda aos que viven fóra del...”.

 

Para conseguilo, pediu a colaboración de todos. “Pídovos que axudedes a Paula a conseguir a alcaldía de Gondomar. Se nos implicamos todos, seguro que o logramos”.

 

PRONTO GOZARÁ DA FORMA DE GOBERNAR DO PP
Pola súa banda, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, asegurou que Paula Bouzós “ten que ser a próxima alcaldesa”, porque Gondomar “non pode seguir así: a remolque doutros concellos, vivindo das rendas do que foi e cun Goberno socialista conformista, carente de ambición e máis centrado en si mesmo que en solucionar os problemas reais dos seus veciños”.

 

Neste sentido, lembrou que “votar ao PSOE de Paco Ferreira é votar a Pedro Sánchez, porque todos os candidatos do PSOE que se presentan, por moito que queiran desvincularse ou agochar as súas siglas, son delegados do sanchismo”.

 

“Son cómplices do Tito Berni, das corruptelas, de poñer a Xustiza aos intereses dos independentistas. E o máis grave: cómplices da Lei do ‘si é si’, que fixo de Pontevedra unha das provincias con máis agresores sexuais que viron rebaixada a súa pena de cárcere —máis de 1.000 en toda España—”, dixo a número dous do PPdeG.

 

Por último, adiantou que este concello pronto “gozará da forma de gobernar do PP”, poñendo como exemplo diso a Nidia Arévalo en Mos, Alejandro Lorenzo no Porriño ou Cristina Correa en Oia. “Unha forma de gobernar con estabilidade, con rigor, con xestión e con sentidiño; como tamén fan Alfonso Rueda na Xunta e como moi pronto fará Alberto Núñez Feijóo en España”, concluíu.

 

“TEMOS MOI PRESENTES AS PREOCUPACIÓNS DOS VECIÑOS”
Tamén a candidata Paula Bouzós incidiu en que Gondomar necesita un cambio, “e creo firmemente que con traballo, coas ideas claras e con esforzo podemos conseguir un futuro mellor, un Gondomar de dez”. Así afirmou que ten moi presentes as preocupacións dos veciños, entre as que se atopan “a necesidade dun PXOM que aporte seguridade aos nosos fogares, o saneamento en todas as parroquias, a dinamización do comercio local, o tecido asociativo, o deporte, a cultura e a educación e por suposto, do noso polígono da Pasaxe”.

 

Por iso, recordou que o 28 de maio “temos a oportunidade de recuperar o Gondomar que merecemos, cun goberno aberto e dialogante que se preocupe das necesidades dos veciños, e para iso precisamos da axuda de todos”.

 

Por último, destacou que o PP presenta unha lista renovada, con gañas e ilusión e que vai ser capaz de solventar as grandes necesidades que permitan a Gondomar volver á senda do progreso e da prestación de servicios aos veciños.

 

CANDIDATURA DO PP DE GONDOMAR

PAULA BOUZÓS BARROS
JULIO FERNÁNDEZ ALONSO
JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ GONZÁLEZ
JAVIER PÉREZ ALONSO
FÁTIMA GRANJA PAZ
ÁNGEL PÉREZ DURÁN
MARÍA JOSÉ ALONSO ESMERODE
JOSE ANTONIO CAMESELLA RODRÍGUEZ
PAULA RODRÍGUEZ PUGA
CARLOS RODRÍGUEZ VÁZQUEZ
MARÍA DOLORES GONZÁLEZ ALONSO
BIBIANA VILA RODRÍGUEZ
BEATRIZ BAS GARCÍA
BRAIS FIGUEROA PÉREZ
JORGE CARROZZINO MEERES
MARÍA MISA CABREIRA
ADOLFO CORREA CARRERA

SUPLENTES:
MANUEL ALEJANDRO LORENZO MÉNDEZ
MARGARITA FERNÁNDEZ ÁLVAREZ
PATRICIA PÉREZ GONZÁLEZ
DAVID PINTOS FONTÁN
EMILIO DIOS PÉREZ
MARÍA JESÚS MARTÍNEZ CHOUZA
MARÍA TERESA RODRÍGUEZ BERNÁRDEZ
ISMAEL TORRES ÁLVAREZ
JOSE LUIS DOMINGUEZ GONZALEZ
ROBERTO CARLOS MISA AGUSTIÑO

ENTIDADE LOCAL MENOR MORGADÁNS
JUAN CARLOS ALONSO ESMERODE
SUPLENTES:
MARÍA MISA CABREIRA
NICOLÁS COSTAS RODRÍGUEZ

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.