Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 18:19:43 horas

Xornal21.es
Jueves, 11 de Mayo de 2023 Tiempo de lectura:
NIGRAN

Nigrán inicia o despregue de fibra óptica ultrarrápida na totalidade das zonas

Acada un acordo coa empresa galega Rede Aberta para permitirlle o uso compartido da liña eléctrica e a instalación dun nódulo de distribución no parking da Ramallosa a cambio de que cubran o 100% do territorio

O Concello de Nigrán iniciou este mes os traballos para levar fibra óptica ultrarrápida a todas aquelas zonas onde non está previsto que chegue ningunha operadora. Esta iniciativa municipal, practicamente pioneira na provincia, conseguíuse tras chegar a un acordo coa empresa galega Rede Aberta, a quen se lle permite o uso compartido da liña eléctrica e a instalación dun nodo de distribución no parking municipal da Ramallosa a cambio de cubrir o 100% do territorio. Isto implica o beneficio adicional de reducir obras innecesarias e redundantes, minimizar o impacto ambiental e acelerar o procedemento para a conexión de unidades inmobiliarias.

 

"Os traballos xa comezaron e o compromiso adquirido é que non quede ningunha vivenda sen fibra neste ano, é unha medida pioneira que un Concello asuma o desplegue e o facemos porque sabemos que hoxe en día é un servizo básico na vida de calquer cidadán", resume o alcalde, Juan González, quen incide en que a velocidade ultrarrápida chegará antes do verán a Mámoa e Navás (Priegue), Lousas e Quinteiro (Panxón), Fontela (Camos) e Otero Pedrayo (Nigrán), ao ser todas estas zonas especialmente deficitarias.

 

"Segundo os datos do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, máis do 80% de Nigrán xa dispón de fibra e, agora, con este plan municipal, chegaremos ao 100% en menos de 6 meses", garante Diego García Moreira, edil de Urbanismo, Mobilidade e Medio Ambiente e quen se encargou desta iniciativa que situará a Nigrán no 2023 como un dos municipios con mellor cobertura de todo o Estado. Compre destaca que, adicionalmente, a inicios de ano o Concello de Nigrán acadou que o programa ‘UNICO-Banda Ancha’ do goberno central para subvencionar ás operadoras instaladoras de fibra óptica incluíse 822 vivendas do municipio non contempladas inicialmente (esta resolución beneficiou, concretamente, a núcleos urbanos de A Ramallosa, Nigrán e Praia América que, paradóxicamente, quedaran sen cobertura pese a ter fibra en toda a súa contorna e actualmente están xa desplegados ou en fase de activación).Todo isto súmase ao labor de mediación que leva facendo o Concello de Nigrán entre a veciñanza con problemas de conexión, conseguindo na maioría dos casos resolver o problema ou realizar unha acción coordinada para que ningún veciño quede sen fibra.
 

Unha vez realizada a instalación por parte de Rede Aberta, para dispoñer de acceso a internet, os usuarios deberán contratar a conexión cos operadores de telecomunicacións locais.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.