MOS
Nidia Arévalo presenta o proxecto de remodelación de Costoias
    
    O OBXECTIVO DO MESMO É A MELLORA DO LOCAL DA ASOCIACIÓN CULTURAL SAN MARTÍN DE TAMEIGA E A SÚA CONTORNA
	
        A alcaldesa de Mos e candidata á Alcaldía polo PP mosense, Nidia Arévalo, presentou esta mañá o proxecto de remodelación do local social e contorna da Asociación Cultural San Martín de Tameiga, en Costoias, xunto coa súa número 3 da candidatura popular dos vindeiros comicios electorais, veciña de Tameiga e deputada autonómica no Parlamento de Galicia, Feli Rodríguez.
Arévalo e Rodríguez informaron de que o proxecto de mellora da contorna de Costoias ten un orzamento aproximado de 500.000€.
Nesta contorna conviven a asociación cultural e un espazo deportivo e natural no que semanalmente se reúnen centos de veciños.
Trátase dunha contorna protexida onde se sitúa o Petroglifo de Santa Filomena e xorde un dos múltiples afluentes do río Miño.
Segundo declararon Nidia Arévalo e Feli Rodríguez o obxectivo desta mellora “é seguir poñendo en valor este lugar incrementando as súas posibilidades a través da realización dunha nova zona construída de instalacións complementarias ás existentes”.
As devanditas instalacións complementarias serán zonas de apoio aos usos deportivos, un espazo de realización de actividades deportivas cubertas, aulas de interpretación da natureza etc.
Trátase dun proxecto integrado coa contorna que respecte e mellore o lugar. E con el preténdese xerar tres volumes vinculados entre sí onde se sitúen novos equipamentos para completar o espazo verde e deportivo. O edificio agora existente pasará a formar parte do conxunto construído.
 
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.159