Martes, 11 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 11 de Mayo de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

As nenas e nenos do Porriño surfean a súa primeira ola

222 alumnos dos centros educativos do municipio participan estes días no Bautismo de Surf organizado polo Concello do Porriño no marco do programa Re-Coñecéndonos

222 alumnas e alumnos participan estes días na actividade RE-COÑECÉNDONOS: Bautismo de Surf, organizada polo Concello do Porriño, a través da Concellería de Sanidade e a OMIX co obxectivo de promover entre a mocidade hábitos de vida saudable.

 

A educación para a saúde, ademais de ser un dereito, é unha finalidade educativa en si mesma. Por iso, a través desta actividade, preténdese que o alumnado reflexione sobre a forma que ten de ocupar o seu tempo libre, valore a importancia que ten o lecer para o seu Desenvolvemento persoal e social e sexa consciente das alternativas das que dispón, en definitiva, que reflexione sobre a estreita vinculación entre o consumo xuvenil de drogas e o lecer. Ademais, traballarase a tolerancia e a cooperación, abordando de forma implícita o entendemento, o apoio, o respecto mutuo, a coordinación e a cooperación.

 

Esta actividade desenvolvese na praia de Patos e está financiada pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.  

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.