Sábado, 01 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 10 de Mayo de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Bustamante na Festa da Rosa de Mos

A alcaldesa e a Directora de Turismo de Galicia presentaron hoxe o concerto estrela e cabeza de cartel, así como o resto da programación organizada para a 50 edición da festividade local

A Festa da Rosa cumpre este ano 2023 50 anos, trascorridos xa desde a primeira edición celebrada no 1973. E faino con David Bustamante como cabeza de cartel da programación deste ano.

 

Na presentación da L Edición da Festa da Rosa que tivo lugar esta mañá no Pazo de Mos estiveron presentes a Directora Turismo de Galicia, Nava Castro, a Alcaldesa, Nidia Arévalo, representantes da productora Esmerarte, das asociacións culturais mosenses, Asociación de Hostaleiros, Mulleres Rurais, clubes deportivos implicados na programación, o gaiteiro Xulio Lorenzo, membros da directiva da Fundación Pazo de Mos, a Concelleira de Cultura, Turismo e Participación Cidadá, Sara Cebreiro e demáis membros do Goberno local.


PROGRAMACIÓN  CULTURAL E DEPORTIVA FESTA DA ROSA 2023

VENRES  9
CONCERTO DE DAVID BUSTAMANTE
CAMPO DE FUTBOL DAS BALOUTAS (prezo entradas 15€ á venda en Ataquilla.com)
ÁS 22:00 h  

DOMINGO 11
FESTIVAL ABRENTE FOLK
AUDITORIO DE TORROSO
ÁS 18:00 h


Domingo  DÍA 13 DE XUÑO

CELEBRACIÓN DO DÍA GRANDE  DA ROSA

Pola mañá:
Na Praza do Concello
A partir das  10:00  e ata ás 11:00 exposición e apertura do concurso de rosais
Ás 11:00 h misa solemne cantada pola coral Ventos do Val
Ás 12:00 h pregón e homenaxes
Ás 12:30 h veredicto do Concurso de Rosas e Concurso de Empanadas de Pan de Millo
Ás 13:00 h actuación musical
Himno de Mos
Venda de empanada de pan de millo organizada por Mulleres Rurais


SÁBADO 17
XUNTANZA DE PALILLEIRAS DE MOS E FESTA DA HOSTALERÍA
EXTERIORES DO MULTIUSOS DAS POZAS
Ao longo de todo o día.
(concertos, artesanía e gastronomía)

 


DOMINGO 18
FESTIVAL DE CORAIS
(C.P.ASOMAMOS, C.P.FROL NOVA de Redondela e C.P. A Cañiza)
AUDITORIO DE TORROSO
ÁS 19:00 H


DOMINGO 2 (xuño)
TEATRO MULLERES EN IGUALDADE DE MOS
 AUDITORIO DE TORROSO
ÁS 19:00 H

ACTOS DEPORTIVOS
DIAS 10 e 11  V TROFEO VILA DA ROSA  (CLUB ROSALEIRA)
MEMORIAL JUAN ESTEVEZ NENÉ (U.D.MOS)
II TORNEO DE FUTBOL PE (LOURO CLUB DE FUTBOL)


As nosas rosas nas parroquias

Desde o 23 de maio ao 13 de xuño as rosas de Mos serán as protagonistas do noso municipio.


14 asociacións culturais e veciñais acollerán por segundo ano consecutivo os cursos de Secado de Rosas, Xabóns de Rosas e Estampación de Rosas pintadas en tea.


Ademáis todos/as os/as alumnos/as participaran de estes cursos presentando rosas das súas parroquias na asociación. Encheremos as redes de rosas potenciando o símbolo do noso escudo.


Teremos moita rivalidade entre as rosas das 10 parroquias, que competirán tamén o propio dia 13 xa que nas bases desta  edición, recollen novamente un premio á mellor Rosa de cada unha das 10 parroquias mosenses.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.