Sábado, 25 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 24 de Abril de 2026 a las 20:13:07 horas

Xornal21.es
Jueves, 11 de Mayo de 2023 Tiempo de lectura:
TUI

Tui celebra esta fin de semana a XXV Feira de Artesanía

Os postos instalaranse sábado e domingo na rúa Ordóñez e na praza de San Fernando. Haberá obradoiros e actuacións musicais

A rúa Ordóñez e a praza de San Fernando albergarán esta fin de semana a Feira de Artesanía de Tui que acada a súa vixésimo quinta edición. Nestes dous espazos do conxunto histórico situaranse os postos de artesanía e de gastronomía que abrirán tanto o sábado coma o domingo de 12 a 21 h.  Contará con actuacións musicais e este ano dende o Concello de Tui realízase unha forte aposta polas obradoiros artesáns para o público en xeral que terán lugar nas dúas xornadas.


Os postos de artesáns e artesás con carta de Artesanía de Galicia estarán ubicados na rúa Ordóñez. Alí poderanse atopar pezas de marroquinería, téxtil, cerámica, instrumentos musicais, complementos e decoración, xoiería, bixutería, encaixe de bolillos, xoguetería ou calzado. Nesta mesma rúa estará a Asociación de Palilleiras do Baixo Miño realizando encaixes durante a fin de semana e amosando as súas creacións. Mentres na Oficina de Turismo, no Paseo da Corredoira, haberá unha exposición de traxes tradicionais a cargo da Asociación do Traxe Tradicional de Tui.


Na praza de San Fernando amais de coa artesanía a cita será tamén coa gastronomía a través dos postos de produtos de alimentación de proximidade e quilómetro cero.  Alí poderase degustar e mercar produtos como castañas, aceites, galletas, ou cogomelos.


O público poderá participar tanto o sábado coma o domingo nos obradoiros artesanais previstos previa inscrición na Oficina de Turismo, no Whatsapp 677 41 84 05 ou no correo electrónico turismo@tui.gal.


Así o obradoiro Cucapuntoes impartirá, na rúa Ordóñez, tres talleres con 10 prazas cada un para maiores de 12 anos. Un deles será para confeccionar unha bolsa de labores a crochet que se celebrará o sábado 12 a 14h. O outro será para elaborar un corazón de gancho o sábado de 17 h a 20 h, e outro para realizar un bote de cristal o domingo de 12 h a 14 h.


O obradoiro de olería tradicional con torno de pé Alén das olas ofrecerá un curso para maiores de 8 anos, o sábado de 12 a 14 h e de 17 a 20 h na praza de San Fernando. Ofértanse 15 prazas por quenda.


Por outra banda, Miudiño impartirá nesta Feira de Artesanía de Tui dous obradoiros de bolas de lá natural de ovella e de decoración de bolas de lá natural. Serán o domingo de 11.30 h a 14.30 h e de 17 h a 20 h, na praza de San Fernando. Contan con 15 prazas cada quenda e van dirixidos a persoas maiores de 10 anos.


Tamén o domingo, pero pola tarde haberá dous obradoiros de marroquinería a cargo de Lucía Casado. De 17 a 18.30 h será para elaborar unha pulseira de coiro, e de 18.30 a 20 h para realizar un marcapáxinas. Hai dez prazas por obradoiro para persoas maiores de 10 anos.


Nesta XXV Feira de Artesanía non faltará a música. Así o sábado ás 12h na apertura contarase coa actuación da Asociación Cultural San Fins de Rebordáns. O sábado ás 18 h actuará a Asociación Sociocultural e Xuvenil O Mosteiro de Pexegueiro. O domingo ás 13 h haberá outra actuación musical e ás 18 h tocará a Asociación Cultural Seixos Albos de Areas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.235

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.