Lunes, 03 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 12 de Mayo de 2023 Tiempo de lectura:
Mos

Nidia Arévalo arranca a campaña co lema “Mos primeiro”

A alcaldesa de Mos e candidata á Alcaldía ás vindeiras eleccións municipais polo Partido Popular, Nidia Arévalo, arrancou a campaña electoral cunha pegada de carteis na que estivo arroupada por máis dun cento de persoas, entre o seu equipo, militantes e simpatizantes.

 

Co lema “Mos primeiro”, o obxectivo da actual alcaldesa e candidata ás eleccións é seguir transformando Mos para que siga sendo un “concello cheo de oportunidades para todos”.

 

Nun ambiente festivo, no que no faltaron globos, música e camisetas co lema da campaña, Arévalo pediu de novo a confianza dos mosenses para seguir gobernando o municipio. “Síntome avalada polos feitos, sei o que necesitan os meus veciños e teño claro como o vou facer. Teño equipo e teño programa. Arrancamos esta campaña cheos de forza e ilusión, con ganas de trasladar o noso programa á veciñanza”, sinalou.

 

O programa de Arévalo para Mos sitúa ás persoas no seu eixo de actuación: máis vivenda pública, emprego, grandes humanizacións que chegarán a todas as parroquias, servizos sociais, educación, cultura…”Ademais, co noso goberno, Mos  seguirá sendo un foco de atracción para grandes proxectos, como o macroproxecto sociosanitario do Rebullón, que, ademais dunha residencia para maiores, escola infantil e un novo centro de saúde, contará cun centro de coidados intermedios que  situará a Mos no panorama nacional, sendo o primeiro municipio de España que dispoña del.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.