SALCEDA DE CASELAS
O centro de dÍa e un novo pavillón as propostas do PSdeG-PSOE
    
        O PSdeG de Salceda de Caselas  asegura ter "moi claro cales son as liñas básicas do seu programa electoral co que se presenta as vindeiras eleccións municipais do 28 de maio".
 
O programa aposta por "continuar coas liñas mestras levadas a cabo dende a alcaldía pola alcaldesa Verónica Tourón que encabeza a candidatura socialista, como son a aposta polos servizos públicos de calidade, polo mantemento e mellora das instalacións municipais, o fortalecemento dos servizos sociais e a educación, a promoción do comercio local e a industria, a creación de emprego, a promoción da cultura e o coidado do medio ambiente, en definitiva un programa pensado por e para as persoas".
 
Dúas propostas se erixen como fundamentais dentro deste programa centrado na veciñanza, a construción dun Centro de Día e a construción dun novo pavillón municipal, ambos proxectos ambiciosos que "resultarán fundamentais para a veciñanza de Salceda e nos cales xa se esta a traballar o concello".
 
Un centro de día con capacidade para 40 persoas que xa ten deseñado o seu financiamento  e o  proxecto listo para a súa execución porque como sinala Verónica Tourón “ temos unha débeda coas nosas persoas maiores e debemos darlle resposta”.
 
A outra proposta e a construción do novo pavillón municipal unha demanda fundamental dos equipos e clubs de Salceda ante a importante demanda de instalacións deportivas derivada do crecemento e o dinamismo demográfico que está a experimentar Salceda neste últimos anos.
 
Para o desenvolvemento deste importante proxecto de instalación deportiva as e os socialistas xa teñen deseñadas igualmente as liñas para o seu financiamento.
 
En total ambos investimentos recollidos no programa dos e das socialistas de Salceda ascenden a preto dos 2.600.000 euros para desenvolver dúas dotacións fundamentais para o futuro da veciñanza de Salceda.
 
Verónica Tourón: “As e os socialistas temos un Plan para Salceda que se recolle en este programa continuando as liñas xerais que xa marcamos dende a alcaldía e temos dúas prioridades fundamentais a construción dun Centro de día para as nosas persoas maiores e un novo pavillón municipal para toda a veciñanza de Salceda, proxectos nos que xa comezamos a traballar para que pronto sexan unha realidade.”
        
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116