Martes, 11 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 13 de Mayo de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A investigadora Marisa Castro 
presenta “A saga das curandeiras” 
na Feira do Libro do Porriño

Trátase da primeira incursión na ficción desta recoñecida bióloga galega, que pertence a unha longa saga de homes dedicados á aplicación dos remedios populares

[Img #81949]Marisa Castro presenta este sábado, 13 de maio, ás 20h, na Feira do Libro do Porriño, a súa primeira novela, “A saga das curandeiras”. A autora estará acompañada por Óscar Requejo, presidente do Grupo Micolóxico Galego. Publicada en galego e castelán por Hércules de Ediciones, a novela, ópera prima desta recoñecida bióloga galega, preséntanos a Rosalía Carcedo, unha curandeira a través de cuxa vida nos convida a facer unha viaxe durante a primeira metade do século XX, desde a súa Galicia natal, pasando polo Madrid da República e da Guerra Civil, ata a aldea de orixe á que volveu durante a ditadura. Alí, Rosalía, personaxe ficticio baseado na sabedoría dos antepasados da autora e dalgunhas curandeiras ás que visitou, continúa aplicando o seu coñecemento dos remedios naturais, a pesar da incomprensión e a incredulidade dos que a rodeaban.

 

A trama permite coñecer a relación das curandeiras coa poboación e coas autoridades civís e relixiosas. A autora recolle na novela receitas e casos particulares que coñeceu da man da súa familia e de varios anos de investigación «in situ» sobre o tema, e axuda a aproximarse ao uso das herbas e dos cogomelos, tanto con fins curativos como máxicos, nese mundo críptico das meigas galegas.

 

Natural de Lugo, Marisa Castro, investigadora, bióloga e micóloga, ven dunha longa saga de curandeiros: así, o seu pai, menciñeiro e compoñedor, foi a quinta xeración dedicada á aplicación dos remedios naturais na parroquia luguesa de Santiago de Sáa, aínda que el traballaba no Barrio da Ponte, onde casara. O seu afán por coñecer e investigar os seus orixes levouna a construír esta biografía ficticia na que verte o seu saber sobre este aspecto da etnografía galega.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.