MOS
Mos presenta o 7º Canto Conto coa visita do ‘Digochiño’ da TVG
O domingo na Pesqueira as familias e, sobre todo os máis pequenos, contarán con múltiples opcións para unha diversión asegurada, desde animación a concertos, obradoiros, hinchables, foodtrucks …
O vindeiro domingo Mos celebra, como cada ano no mes de maio, o festival infantil Canto Conto. Neste 2023 lévase a cabo xa a sétima edición que se presentou onte nos colexios mosenses CEIP Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos e Pena de Francia.
Con motivo da devandita presentación do Festival, a mascota televisiva do ‘Digochoeu’, o ‘Digochiño’, do programa educativo infantil da TVG, visitou ambos centros educativos. O ‘Digochiño’ presentou, xunto co grupo de cativos “Xeración M”, a canción da banda sonora do programa que se estreará na Gala de Entrega de Premios ‘Digochoeu’ 2023, o vindeiro 16 de maio en Santiago de Compostela.
O Canto Canto chega á VII edición dun festival cargado de concertos, entretemento, familia, xogos, natureza, hinchables, obradoiros, e moito máis!
Este encontro para as familias terá lugar no Parque da Pesqueira, na parroquia de Mos, durante toda a xornada do domingo 14 de maio, en horario de 11 a 20 horas.
A primeira actuación dará comezo ás 12 horas co concerto ‘Ollo ao piollo’. Ás 13 horas chegará o turno das Maimiñas & Choque Big Band e ás 14 horas haberá unha visita dos Bolechas.
Ás 15.30 horas, pasarrúas a cargo de Troula Animación, ás 16 horas concerto de ‘El Legado de Tibu’ e, de novo, ás 17.30 horas, visita dos Bolechas.
Troula fará outro pasarrúas ás 18 horas, que irá seguido do último concerto do día: ‘Titiriteros de Binéfar’.
Durante todo o día haberá talleres e actividades de entretemento como obradoiros de arxila, xogos hinchables, obradoiros de chapas e xogos a cargo de Animarte.
As familias participantes poderán repoñer forzas nos foodtrucks de comida que contarán ademáis con opcións sen glute, sobremesas, e bebidas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116