Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 18:19:43 horas

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 14 de Mayo de 2023 Tiempo de lectura:
Nigrán

Juan González promete un novo auditorio e un pavillón en Porto do Molle

“O mesmo que conseguimos construír unha nova biblioteca que é xa un icono do deseño en toda Galicia, agora temos por diante o reto de construír un novo Auditorio e Pavillón que complementen aos actuais”, explicou o alcalde e candidato socialista, Juan González, na presentación en Nigrán

O alcalde socialista de Nigrán e candidato ás eleccións municipais, Juan González, avanzou esta noite no seu primeiro acto de campaña no Auditorio Municipal os principais retos de goberno para o que sería o seu terceiro mandato. Entre eles, figuran a construción dun novo Auditorio Municipal e un Pavillón Deportivo, ambos en Porto do Molle, como complemento das actuais instalacións ao resultar manifestamente insuficientes.

 

“A actividade deportiva e cultural en Nigrán ten dado un paso de xigante nos últimos anos. O Auditorio do Concello ten unha capacidade moi limitada e resulta insuficiente para a demanda que temos de diferentes entidades e grupos e o mesmo sucede co Pavillón, que temos que recurrir a solidariedade do CEIP Humberto Juanes e CPI Arquitecto Palacios para poder desenvolver moitos adestramentos e competicións”, explica González, quen incide en que a duplicidade de instalacións permitirá ampliar os adestramentos e ensaios que, agora mesmo, están moi limitados por esta circunstancia (no caso do Pavillón en Porto do Molle incluso beneficiaría ao IES Val Miñor, que carece do mesmo tendo que desprazarse o alumnados en autobús ata Panxón). “O mesmo que conseguimos construír unha nova biblioteca que é xa un icono do deseño en toda Galicia, agora temos por diante o reto de construír un novo Auditorio e Pavillón que complementen aos actuais e sen comprometer unhas arcas municipais que teñen superavit”, explicou o alcalde e candidato socialista, Juan González, na presentación desta noite en Nigrán.

 

Por outra banda, non como reto, senón como realidade xa, avanzou ao público asistente a aprobación provisional do PXOM nun prazo que non debería superar os 3 meses ao ter todos os informes sectoriais xa favorables e ter remitido o 5 de maio a memoria ambiental que supón o paso previo a poder aprobalo provisionalmente. “Tras case 3 anos de reunións técnicas e políticas en febreiro obtivemos a resposta favorable da AXI que abriu xa a porta de cara a aprobación provisional”, explica o alcalde, Juan González. “É unha enorme tranquilidade e unha satisfacción ter rematados todos os ‘deberes’ do PXOM por parte do Concello de Nigrán. Non foi fácil, cada informe tivo que ser pelexado duramente durante estes anos pero ao fin estamos aquí, no momento final, o da súa aprobación provisional de cara xa a definitiva”, sintetiza.

 

González adiantou ademais como outro dos compromisos de goberno o de levar adiante o programa ‘Via-Bici’ elaborado coa colaboración de ‘Resiliencia’, unha asociación formada por profesores e técnicos xubilados do municipio expertos en políticas medioambientais. “Este paso o daremos con eles, parte da sociedade civil de Nigrán que leva tempo traballando nisto, e o obxectivo é primeiramente favorecer a chegada ás praias en bicicleta e, nunha última fase, aos colexios. O obxectivo é reducir o emprego do vehículo a motor creando sendas seguras que, en definitiva, nos facilitarán o día a día”, indica.

 

"Somos conscientes de que quedan moitas cousas por facer en cada parroquia e estamos desexando levalas adiante. Temos un proxecto en marcha desde 2015 que non se pode parar. Estes anos de bagaxe deixan clara unha forma de xestionar próxima, accesible e amable: poñemos o corazón en todo o que facemos. Seguiremos sendo un goberno atento, formado por veciños comprometidos socialmente, cos pés na terra, e que atenden fielmente as necesidades dos seus concidadáns", sinala González, quen manifesta “a mesma ilusión e as mesmas ganas”.

 

As seguintes citas de campaña serán parroquia a parroquia: o sábado 13 ás 20:00 horas en Priegue, o domingo 14 ás 12:00 en no Centro Cultural Parada do Miñor, o venres 19 ás 20:30 no local da Asociación de Veciños en Panxón, o domingo 21 ás 12:00 en Chandebrito, o xoves 25 ás 20:30 no Centro Cultural ‘A Camoesa’ e o venres 26 ás 20:30 horas clausura na Alameda da Ramallosa.

 

Nesta lista que concorre as eleccións do 28 de maio repiten Rubén Rial Sánchez, actual concelleiro de Vías, Obras, Limpeza, Servizos Urbanos e Seguridade; Diego García Moreira, actual concelleiro de Urbanismo, Medio Ambiente e Persoal; estrease no número 4 Sara Penedo Vázquez (veciña de Panxón de 27 anos e licenciada en Ciencias do Deporte) e tamén no número 5 a veciña de Chandebrito Estela Pérez Pérez (licenciada en Maxisterio e quen xa fora concelleira nos anos 2007-2010); xa no número 6 sitúase Bibiana Peixoto, actual concelleira de Servizos Sociais; seguida no 7 de outra cara nova, Roberto Garrido Pereira (veciño de Nigrán de 34 anos licenciado en Historia) e a continuación os actuais concelleiros Cristina Dosil, Patricia Diego, Alfonso Vázquez, María Mayán, Ladislao e Mari Luz Pérez Vidal. Pechan a candidatura Aurea Brión, Alfonso Suárez, Luis Sanromán e Marina Vidal (actuais concelleiros de Deportes e Educación, respectivamente), Joaquina Barros (secretaria de Alcaldía), Luciano Iglesias e José Rodríguez Fernández.

 


CANDIDATURA SOCIALISTA

1. Juan A. González Pérez. Alcalde de Nigrán. Historiador. San Pedro

2. Rubén Rial Sánchez. Teniente de Alcalde. Concelleiro de Vías e Obras, Limpeza, Servizos Urbáns e Seguridade. Bombeiro do GES. Nigrán

3.Diego García Moreira. Concelleiro de Urbanismo, Mobilidade, Medio Ambiente, Réxime Interior e Persoal. Avogado-Economista. Camos

4. Sara Penedo Vázquez. Panxón. Licenciada en Ciencias do Deporte. Panxón

5. Estela Pérez Pérez. Chandebrito. Licenciada en Maxisterio. Chandebrito

6. Bibiana Peixoto Iglesias. Concelleira de Servizos Sociais. Mestra. San Pedro

7. Roberto Garrido Pereira. Nigrán. Licenciado en Historia. Nigrán

8. Cristina Dosil Valverde. Concelleira de Turismo, Xuventude e Participación Cidadá. Operaria de automoción. Parada

9. Patricia Diego Travieso. Concelleira de Igualdade, Voluntariado e Comercio. Perruqueira. San Pedro

10. Alfonso Vázquez Pérez. Concelleiro de Sanidade, Abastos, Mercados, Turismo Social e Festexos Populares. Xubilado. Parada

11. María Esperanza Mayán Areal. Concelleira de Terceira Idade. Auxiliar de Enfermaría. Camos

12. Ladislao Alonso Valverde. Concelleiro de Relacións Veciñais, Medio Rural e Actividades Marítimas. Xubilado. San Pedro

13. Mariluz Pérez. Concelleira. Xubilada. Camos

14. Aurea Brión Toucedo. Panxón. Xubilada. Panxón

15. Alfonso Suárez Gameiro. San Pedro. Xubilado. San Pedro

16. Luis Sanromán Román. Concelleiro de Deportes. Xubilado. Priegue

17. Marina Vidal Lorenzo. Concelleira de Educación. Mestra. Panxón

18. Joaquina Barros Sanromán. Secretaria de Alcaldía. Diplomada en Relacións Laborais. Panxón

19. Luciano Iglesias Costas. Chandebrito. Xubilado. Chandebrito

20. José Rodríguez Fernández . Nigrán. Xubilado. Nigrán

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.