Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 18:19:43 horas

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 15 de Mayo de 2023 Tiempo de lectura:
Nigrán

A Xunta instalará enerxía solar fotovoltaica na depuradora de Nigrán

Esta intervención nas instalacións municipais de Nigrán forman parte das actuacións para avanzar cara á neutralidade enerxética nas estacións depuradoras de augas residuais que xestiona Augas de Galicia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, adxudicou as obras para a instalación de enerxía solar fotovoltaica na estación depuradora de augas residuais de Nigrán.

 

Esta intervención, adxudicada á empresa Proyecon Galicia S.A., por preto de 50.000 euros, incluirán a redacción do proxecto técnico, dirección de obra, tramitación administrativa e execución dunha instalación fotovoltaica de 45kWp para autoconsumo, nos terreos asociados á depuradora municipal, que xestiona a entidade hidráulica da Xunta.

 

A través deste contrato Augas de Galicia busca garantir o aforro económico na facturación eléctrica derivada da xestión da estación depuradora, ao tempo que acadar unha importante redución de emisións de CO² equivalente.

 

Estas actuacións contan con financiamento europeo a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal 2014-2020 e do proxecto Aqualitrans II 1 E.

 

As obras nas instalacións de Nigrán, súmase ás que tamén se realizarán nas depuradoras do concello lucense de Alfoz e no concello pontevedrés de Vilaboa, no marco das actuacións que impulsa a Xunta para avanzar cara á neutralidade enerxética nas estacións depuradoras de augas residuais xestionadas por Augas de Galicia.  

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.