Martes, 21 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 21 de Abril de 2026 a las 17:17:34 horas

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 15 de Mayo de 2023 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Lara Meneses presenta a candidatura do PP de Tomiño

O acto contou coa participación de Luis López “Lugués”, Presidente provincial do Partido Popular, e coa asistencia de preto de 400 veciños.

O PP de Tomiño presentou esta fin de semana, nun multitudinario acto, a candidatura coa que concorrera as eleccións municipais de vindeiro 28 de maio, “un equipo renovado, ilusionado e moi traballador”.

 

Lara Meneses, candidata a alcaldía polo Partido Popular, manifestou pola súa parte que “somos a única alternativa a este goberno escaparate de Sandra González, con un proxecto real que fará de Tomiño un concello referente na zona”, e en referencia os integrantes da súa candidatura afirmou que “levamos un equipo renovado, ilusionado e con moitas ganas de traballar, firmemente posicionado do lado dos nosos veciños”.

 

Por outra banda os populares de Tomiño tamén puideron contar coa presencia do presidente Luis López “Lugués”, que expresou o seu apoio e confianza neste equipo, que tratará de acadar a alcaldia do municipio. Da candidata popular declarou que "Lara ten a forza da xuventude e as ideas claras da súa madurez, conta cun equipo preparado para reactivar este concello e o seu apoio social sube e sube cada día", e polo tanto " o 28 de maio non renunciamos a nada, saímos a gañar e imos a por todas".

 

O Partido Popular aspira así a levar a cabo o cambio que merece Tomiño, e comprométense a realizar unha intensa campaña pondo sempre por diante o interese dos seus veciños.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.