O PORRIÑO
Luis López sinala que só a maioría absoluta de Alejandro Lorenzo garante catro anos de estabilidade
Alejandro Lorenzo: “falan os feitos, e con iso imos a cada rincón do Porriño, a cada parroquia, a cada barrio a presentar o noso proxecto coas mans cheas de 15 meses de feitos e realidades”
O presidente provincial do Partido Popular, Luis López, pediu o voto para Alejandro Lorenzo para conseguir unha maioría absoluta coa que revalidar o Goberno local do Porriño e garantir anos de estabilidade, investimentos e futuro. “Precisamos da maioría absoluta para que non volvan os tempos escuros dun multipartito, dunha coalición, dun pacto de perdedores que non nos leva a ningures”, sinalou.
Foi durante o mitin que o Partido Popular celebrou na parroquia de Pontellas, no Porriño, no que destacou que, si ben todos os concellos se xogan moito o 28 de maio, “é posible que O Porriño, coa actual composición da súa corporación, se xogue algo máis que o resto”. Recordou que tras máis de seis anos “nefastos de desgoberno”, Alejandro accedeu á Alcaldía hai 17 meses “e revolucionou, para moi ben, este concello. Deixaron de ser noticia os xulgados, os impagos, as leas dos socios de goberno, as polémicas… e O Porriño volveu pola senda que merece, a dos investimentos, as estradas, as infraestruturas, os convenios, os acordos, a vida social e cultural, os servizos públicos. E hai que dicilo, ben alto e ben claro, que é mérito do noso alcalde Alejandro e do goberno local do Partido Popular”.
Por iso, engadiu, “Alejandro se presenta cos deberes feitos, porque non se pode facer máis en menos tempo, e ademais a súa cabeza está chea de ideas, de proxectos e de propostas para seguir mellorando durante os vindeiros catro anos. Ten balance e traxectoria, ten unha folla de ruta clara e ten un grandísimo equipo, polo que O Porriño debe outorgarlle a súa confianza, porque os veciños merecen alomenos catro anos máis de Alejandro e do Partido Popular”.
O PORRIÑO ESTÁ EN MARCHA TRAS SETE ANOS PARADO
O candidato Alejandro Lorenzo destacou que o PP está desenvolvendo unha campaña seria, respectuosa e responsable. “Nós non necesitamos cargar contra ninguén porque falan os feitos. E con iso imos a cada rincón do Porriño, a cada parroquia, a cada barrio a presentar o noso proxecto coas mans cheas de 15 meses de feitos e realidades”.
Así, sinalou que presenta “un proxecto realista e realizable” que presta especial atención á dotación de servizos ás parroquias como a de Pontellas, na que se celebrou o mitin esta mañá. “A acometida integral do saneamento é un dos piares do noso proxecto, algo que podo comprometer despois de traballar moito neste último ano para poder facelo: a rede de saneamento estará rematada ao 100% na próxima lexislatura. Tedes a miña palabra”, engadiu.
Durante a súa intervención valorou que “en tan só un ano puxemos O Porriño en marcha tras sete anos parado. E fomos quen de facelo nunhas circunstancias moi difíciles, cunha minoría no pleno e un bloque de partidos frente a nós que dificultaba cada paso que dábamos sen preocuparlle que quen perdía non era eu, nin o PP, erades todos vós, era O Porriño”.
Así pois, recordou que o único que lles preocupa é que non gane o PP. “E este 28M volvemos atoparnos na mesma situación, con dúas opcións: este equipo ou un formado por seis que non saen a gañar, saen a que nós perdamos. Fixérono no 2015, fixérono no 2019 e volverán a facelo este ano se non o impedimos. Por iso vos pido que me apoiedes, que o 28 de maio digamos ben alto co noso voto que xa está ben, que queremos un goberno estable, que queremos que O Porriño siga avanzando”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22