Lunes, 10 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 16 de Mayo de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Arranca a XX edición do Festival de Cans coa Noite Lasal dedicada aos videoclips e unha homenaxe a Roberto Vidal Bolaño

O dramaturgo e pioneiro do cinema galego, Roberto Vidal Bolaño, traballando nunha sala de montaxe. Foto: Arquivo Familia Vidal BolañoO dramaturgo e pioneiro do cinema galego, Roberto Vidal Bolaño, traballando nunha sala de montaxe. Foto: Arquivo Familia Vidal Bolaño

Desde este martes, máis de 500 rapaces de institutos e colexios pasarán pola aldea nas proxeccións matinais do certame.

 A XX edición do Festival de Cans arranca este martes cunha intensa programación de cinco días de cine, música e homenaxes a persoeiros do mundo do cine e aos veciños da aldea de Cans que fan posible co seu traballo e dedicación unha das citas senlleiras do audiovisual galego cada ano. Na vixésima edición do festival haberá sección competitivas marcadas polas estreas de curtametraxes, a presenza dunha destacada directora, Valérie Massadian, no apartado Foco Internacional, diversos coloquios e actividades paralelas e máis de 25 actuacións musicais con grupos como Los Punsetes, Fillas de Cassandra, Mr. Kilombo ou The Limboos´.


 
O festival tivo unha previa o pasado fin de semana coa proxección de dúas longametraxes de Valérie Massadian, a presentación do novo proxecto musical de Eladio Santos, Ronsel, a a inauguración de “Collage#Catástrofe”, a exposición de collages do escritor Diego Giráldez. Todas as actividades contaron cunha boa acollida por parte do público (asistiron máis de 200 persoas) o que fai pensar que imos ter unha das mellores edicións do evento, despois duns anos nos que a pandemia impediu celebrar con total normalidade o certame. Outra das novidades a destacar é a volta dos rapaces de institutos e colexios. Espérase que pasen máis de 500 rapaces polas sesión matinais do Festival de Cans.


 
A xornada de mañá martes ábrese ás 10,00 horas coa inauguración da Rúa Efémera do festival que este ano está dedicada ao dramaturgo e cineasta pioneiro do Grupo Lupa, Roberto Vidal Bolaño. A pequena praza que existe diante da Casa Parroquial de Cans, pasará a denominarse por uns días “Praza de Roberto Vidal Bolaño”, á beira de outros nomes de rúas en Cans como Chano Piñeiro, Pilar Pereira ou María Casares.


 
A homenaxe a Vidal Bolaño completarase cun coloquio que terá lugar ás 12 do de mañá no Baixo de Carlos, coa presenza de Laura Ponte, Roi Vidal, Antonio Mourelos e Isabel Blanco. Pola tarde comezarán as proxeccións ás 16,30 horas, co documental “Quererla es crearla”, dirixido pola chilena Cecilia Barriga e que será presentado pola produtora do filme, a porriñesa Sandra Fernández Carrera. A entrada é libre ata completar o aforo do Centro Cultural Municipal. Neste mesmo espazo terá lugar ás 18,30 horas o encontro de realizadores de videoclips e ás 20,30 horas, un interesante coloquio co xornalista musical Xavier Valiño, con imaxes arredor dos mellores documentais da historia do rock.


 
Noite Lasal e venda de entradas
 
Pola noite, a partir das 22:00, terá lugar a Noite Lasal na Praza do Concello coa proxección dos 19 videoclips musicais que compiten por seren recoñecidos como  a mellor peza galega do ano. Entre eles estarán obras de Xaime Miranda, Toño Chouza, Alba Domínguez, Adrían Canoura ou Aldara Pagán, e grupos emerxentes como De Ninghures, Mondra ou Mel, xunto con outros veteranos como Ruxe-Ruxe ou Xabier Díaz. A primeira noite do festival culminará cun concerto de Zeltia Irevire, previsto para as 23,30 horas.


 
A venda de entradas online (www.festivaldecans.com) para as actividades de pago do festival quedará pechada mañá as 13:00. Dende ese momento as entradas so poderán mercarse no posto de merchandising do evento. Xa están esgotados os pases para as sesións de proxeccións da tarde e quedan moi poucas para as matinais e para o concerto do chileno Nano Stern no Invernadoiro.
 



 
Programación Cans martes 16 de maio:

10.00 h. Cans do Futuro. Baixo de Bugarín.
10.30 h. Inauguración Rúa Efímera Roberto Vidal Bolaño, como homenaxe ao dramaturgo. Torreiro de Cans. Asistirán Roi Vidal Ponte, fillo de Vidal Bolaño, as actrices Laura Ponte e Isabel Blanco (Delegada de Aisge), os actores Antonio Mourelos e Eduardo Rodríguez “Tatán”, acompñados polo Secretario Xeral de Política Linguística, Valentín García.
Haberá Foto en chimpín.
10,30 horas.—Masterclass “Subtitulado e accesibilidade”, co
profesor Pablo Romero-Fresco. Baixo de Carlos
12.30 h. Coloquios Fundación AISGE "Roberto Vidal
Bolaño, o dramaturgo con alma de cineasta".Baixo de
Carlos. Con Roi Vidal Ponte, Laura Ponte, Antonio Mourelos e Isabel Blanco. Moderado por Ana Cermeño.
12.00 h. Cans do Futuro. Baixo de Bugarín.
16.30 h. Proxección "Educación inclusiva. Quererla es
crearla" de Cecilia Barriga. Auditorio interior Centro Cultural Municipal
Coloquio coa produtora do filme, a porriñesa Sandra Fernández Carrera.
19.00 h. Encontro “Dalle Caña”. Coa presenza dos 19 realizadores finalistas e membros dos grupos que protagonizan os videoclips.
Auditorio interior Centro Cultural Municipal. Modera Moisés Álvarez.
20.30 h. Charla–Proxección "Historia dos documentais
musicais" con Xavier Valiño. Auditorio interior Centro
Cultural Municipal.
22.00 h. Concurso NOITE LASAL de videoclips. Praza do
Concello.
23.30 h. Actuación: ZELTIA IREVIRE. Praza do Concello.
 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.