REDONDELA
Obradoiro de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres
A Concellería de Igualdade do Concello de Redondela presenta un obradoiro de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres dirixido a persoas maiores de idade e con preferencia para as empadroadas no municipio.
O obradoiro ten unha duración de 10 horas repartidas en dúas sesións en distintos horarios. En Redondela as clases son na Oficina de Turismo, o venres 19 de maio de 16:00 a 21:00 e o sábado 20 de maio de 9:00 a 14:00h. En Chapela terá lugar no Multiúsos do Piñeiral, o venres 26 de maio de 16:00 a 21:00 e sábado, 27 de maio de 9:00 a 14:00h. O prazo de inscrción está aberto ata esgotar prazas a través do rexistro do Concello de Redondela.
A alcaldesa Digna Rivas quixo destacar que “a colaboración e cooperación entre administracións públicas na aplicación do principio de igualdade de trato e oportunidades é esencial para a cidadanía. A adquisición de conceptos e competencias básicas en igualdade de oportunidades permitirá reflexionar sobre a situación actual, coñecer o vocabulario fundamental relacionado coa igualdade de oportunidades, aprender a utilizar unha linguaxe non sexista e fomentar prácticas encamiñadas á igualdade tanto non centro educativo como na súa futura vida profesional”
Os obextivos do obradoiro empezan por achegarse ós conceptos básicos que permitan reflexionar sobre a igualdade entre mulleres e homes en distintos ámbitos e continúan por analizar as actuacións levadas a cabo polos organismos internacionais para a promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e a súa consolidación, entre outras cousas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8