Galicia
Formoso chama a rectificar este 28M a “deriva de minguar a cultura e a lingua galegas”
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, emprazou hoxe a utilizar as eleccións do 28M como “plataforma política” para rectificar a “deriva de minguar a cultura e a lingua galegas iniciada polo PP dende a súa chegada á Xunta". O responsable socialista encabezou a representación socialista na concentración do Día das Letras Galegas convocada en Santiago.
Formoso chamou a protexer á lingua e á cultura galegas fronte á acción do goberno galego, presidido por un Alfonso Rueda que, lembrou, representaba ao PP galego na concentración convocada en 2009 por Galicia Bilingüe precisamente en contra da promoción do galego.
Emprazou a empregar precisamente as eleccións municipais do 28M como “plataforma política para empezar a mudar esa forma de entender á lingua” que representa o PP e así “cambiar a protección da lingua e promocionala en cada recuncho das nosas vidas”. Presentou ao PSdeG como a opción política “capaz de conciliar a construción económica, urbanística e de sostibilidade coa promoción da lingua”.
Os socialistas galegos son capaces de “vehicular a forza e ilusión” na “nosa cultura e identidade: na lingua galega”, remachou con motivo da súa participación nun “día de celebración do orgullo na identidade propia dunha lingua que nos da carácter propio como pobo”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126