BAIONA
A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais na parroquia de Baredo
Técnicos do Programa de Control de Vertidos de Augas de Galicia localizaron o foco no marco dunha inspección rutineira
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas e Galicia, eliminou un punto de vertido de augas residuais cara á ría na parroquia de Baredo, no concello de Baiona.
Este foco foi localizado no marco das inspeccións rutineiras de seguimento levadas a cabo polos técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, no ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.
Os técnicos da Xunta identificaron a orixe do punto de vertido nunhas instalacións da zona, identificando deficiencias na canalización do entronque das augas residuais xeradas cara á rede de saneamento municipal, acadando á ría.
Ante a deficiencia observada, os técnicos requiríronlle aos responsables da instalación a adopción das medidas correctoras oportunas co obxectivo de emendar ese foco.
Os responsables procederon á a substitución do tramo da canalización onde se observou a deficiencia estrutural, emendando deste xeito as achegas irregulares ao dominio público hidráulico, como verificaron os técnicos da Xunta nunha nova inspección.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217