Mos
O BNG de Mos comprométese a reforzar en cultura, deporte e servizos sociais
O Local Social de Dornelas acolleu un dos actos centrais da campaña do BNG de Mos para as eleccións municipais do 28 de maio. O candidato á alcaldía, Gustavo Barcia, reafirmou a súa vontade de reforzar o apoio municipal ás distintas asociacións culturais e veciñais do concello. A dotación económica do actual Plan Cultural, na súa opinión , “é claramente insuficiente e non contempla axudas para a organización de actividades ou o mantemento das instalacións”.
Barcia entende que o Concello conta con recursos abondo para incrementar o apoio ao tecido asociativo, pero cre que para conseguilo será preciso revisar as prioridades da política municipal en materia de Cultura. Puxo como exemplo da “pésima xestión do PP” a última festa de pre fin de ano, que custou máis de 38.000 euros, mentres que a partida asignada ao Plan Cultural é de apenas 37.000. “Gastaron, nunha soa noite, máis diñeiro do que destinan a apoiar ás asociacións culturais durante os 365 días do ano”.
Do mesmo modo, o candidato nacionalista comprometeuse a incrementar as axudas ao deporte, así como a reformar as instalacións municipais para dar resposta ás necesidades dos clubs. Dotar á piscina dun novo vaso ou construír un pavillón apto para a celebración de competicións oficiais son algúns dos compromisos incluídos no programa de goberno do BNG de Mos.
Outra das áreas nas que o BNG reclama maiores investimentos é a de Servizos Sociais. Barcia anunciou o reforzo do departamento con máis persoal e defendeu a viabilidade económica das novas contratacións. “Reducindo gastos superfluos”, segundo o candidato, “poderemos destinar máis recursos a unha área que ten gran incidencia na calidade de vida das persoas”. De acordo cos seus cálculos, “só con apagar a fonte luminosa das Angustias aforraremos cada ano 33.000 euros cos que poderemos contratar unha persoa máis para os Servizos Sociais”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116