Lunes, 03 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 20 de Mayo de 2023 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PSdeG-PSOE de Salceda promete un espazo común para a mocidade


O PSdeG-PSOE de Salceda de Caselas propón rehabilitar a antiga Cámara Agraria para crear un espazo común para que a mocidade de Salceda de Caselas  poida desenvolver diferentes actividades.


A antiga Cámara Agraria converterase na Casa da Xuventude que Salceda necesita, un espazo para que a mocidade poida desenvolver a súa creatividade dunha forma lúdica sempre asociada á practica de hábitos saudables e positivos entre as mozas e mozos.


Para dotar de contidos este novo espazo os socialistas e as socialistas de Salceda propoñen tamén un programa de Dinamización Xuvenil con actividades e celebración de eventos ben definido para que a oferta lúdica para a mocidade sexa variada e constante no tempo.


Dentro deste programa inclúense actividades e eventos para “gamers”, actividades relacionadas coa cinema ou con diferentes formas de expresión artística como a pintura, a escultura, a fotografía ou o deseño gráfico. Tamén haberá espazo para por en marcha un club de lectura plurilingüe.


Verónica Tourón. “A importancia da mocidade como motor de cambio para o noso concello indícanos que debemos propor alternativas de ocio que lles permitan gozar de Salceda sen ten que marchar a outros lugares. Poderán acceder a unha oferta cultural e de ocio que recolla as súas inquedanzas e as novas formas de convivencia creativa e expresión artística que son propias da súa idade”

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.