GALICIA
Rueda anuncia que a Xunta ampliará en case 3 m€ os fondos do bono de alugueiro social
Salienta que grazas a este incremento se estima que poderán acceder á prestación ao redor de 300 persoas, a maiores das que se beneficiaron dela ata o momento
O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, puxo en valor onte a decisión do Consello da Xunta de Galicia de ampliar en 2,86 millóns de euros os fondos destinados ao chamado Bono de alugueiro social, unha axuda de carácter prestacional que garante a cobertura da renda da vivenda habitual a colectivos e familias que, por diversos motivos, se ven afectados por unha situación de vulnerabilidade. Con esta ampliación beneficiaranse, segundo estimou, unhas 300 persoas, a maiores das que se beneficiaron dela ata momento.
Coa ampliación autorizada, a actual convocatoria do bono —publicada en xullo do ano pasado e con prazo aberto— contará cun orzamento global de algo máis de 18,6 millóns de euros ata o ano 2026, de xeito que se poderá chegar a un maior número de beneficiarios.
Rueda salientou que esta medida amosa o firme compromiso da Xunta en facilitar o acceso ou o mantemento dun fogar a colectivos desfavorecidos, especificamente a afectados por unha demanda de desafiuzamento ou un procedemento de execución hipotecaria, vítimas de violencia de xénero e mulleres que sofren trata con fins de explotación sexual, fillos menores de 30 anos de vítimas mortais por violencia de xénero, persoas privadas da súa vivenda por causas sobrevidas e imprevistas ou que se atopen en situación de emerxencia social, e mozos tutelados pola Xunta unha vez que acadan a maioría de idade, entre outros.
Rueda indicou que, co fin de paliar este tipo de situacións de vulnerabilidade, as persoas beneficiarias teñen dereito a unha prestación que, desde o ano 2020, equivale ao 100 % da renda que figure no seu contrato de alugueiro, sempre e cando esta non supere a contía límite establecida polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para cada área xeográfica.
Deste xeito, destacou que nas 7 grandes cidades, o importe que asume a Xunta a través do bono é de, como máximo, 550 euros ao mes; nos concellos de tamaño medio e localizados en contornas urbanas, está fixado en 500 euros; e no resto de municipios, o límite acada os 425 euros.
En todo caso, estas contías increméntanse nun 20 % cando a unidade de convivencia do beneficiario necesite dispoñer dunha vivenda adaptada ou estea integrada por 5 ou máis membros, polo que nestes supostos o importe da axuda poderá chegar ata os 660, 600 ou 510 euros, respectivamente e segundo a zona.
Para acceder a estes incentivos, os solicitantes deben acreditar que os ingresos ponderados da unidade de convivencia son inferiores a 1,5 veces o IPREM —entre 12.600 euros anuais en 14 pagas para unidades familiares de 1 membro e 21.000 euros anuais para unidades familiares de 5 ou máis membros—. Esta contía vese incrementada en función do número de membros da familia e doutras circunstancias particulares que ponderan para o límite de ingresos.
Ademais, Rueda puxo en valor o feito de que os perceptores desta prestación tamén poden recibir unha axuda complementaria de ata 600 euros destinada a pagar os gastos asociados á constitución dun novo contrato de alugamento —fianza, alta de subministracións, etc.— ou ben, no caso de que permanezan na vivenda obxecto de desafiuzamento, a atender as cantidades pendentes de pagamento que motivaron o inicio do procedemento.
O Bono de alugueiro social concédese por un período de 12 meses consecutivos, aínda que poden solicitarse 4 prórrogas. Deste xeito, os beneficiarios teñen dereito a percibir esta axuda que lles garante a cobertura total do seu alugueiro por un máximo de 5 anos.
Convocatoria aberta ata esgotar o crédito
O ano pasado, a convocatoria do Bono de alugueiro social fíxose no marco do Plan para o acceso á vivenda 2022-2025, un conxunto de medidas e axudas en materia residencial con cofinanciamento autonómico e estatal.
Ademais, a prestación convocouse de forma continuada e permanente ata o ano 2026 ou ata esgotar o crédito, polo que na propia convocatoria se prevía a posibilidade de que o orzamento inicial fose ampliado. Por iso e ante a existencia de remanentes e novos fondos dispoñibles tras prorrogarse ata o ano 2024 o Pacto de Estado contra a violencia de xénero —no marco do cal se financia o alugueiro das vítimas de violencia de xénero—, a resolución aprobada hoxe polo Consello da Xunta de Galicia permite sumar aos 15,8 millóns de euros dispoñibles para a actual convocatoria outros 2,86 millóns de euros adicionais cos que se reforzarán as anualidades 2023 e 2024.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126