Lunes, 02 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 19 de Mayo de 2023 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Luis López pide en Gondomar "transformar a ilusión polo cambio"

Paula Bouzós sinala que o 28M hai dúas opcións en Gondomar: continuar co Goberno que se dedicou a todo menos a gobernar nos últimos oito anos, ou apostar por un proxecto novo, renovado, con ilusión e comprometido coas dez parroquias do concello

O presidente do PP de Pontevedra, Luis López, pediu esta noite en Gondomar transformar o domingo 28 toda a ilusión polo cambio que se percibe na rúa por votos e lograr así maiorías que permitan os gobernos fiables e solventes que garante o Partido Popular.

 

“Somos maioría os que queremos concellos con gobernos que xestionen, que traballen, que respondan ás necesidades dos veciños, que garantan servizos de calidade, que tomen decisións que contribúan a mellorar a calidade de vida da cidadanía…”, sinalou López, e por iso dixo que en Gondomar “é importante apostar por un proxecto que conta con todos e para todas as parroquias, como o que ofrece Paula Bouzós, porque só así se constrúe un Gondomar de 10. Un goberno aberto, dialogante, próximo, que se preocupe, que empatice e que atenda”.

 

Foi durante un mitin de campaña organizado polo PP de Gondomar, no que tamén participou o responsable galego de Medio Rural, José González. López subliñou que “no PP construímos realidades. Realidades para todos. Porque os nosos Gobernos son para todos os cidadáns sen excepción”, e destacou que “o traballo e a entrega” da candidata popular, que conta cun grandísimo equipo, moitas gañas e ilusión e tamén co mellor proxecto, “permitiulle converterse na auténtica alternativa a este Goberno. Xerando ilusión, espertando confianza, construíndo un proxecto serio, solvente e rigoroso para Gondomar”.

 

 

DÚAS OPCIÓNS O 28 DE MAIO

A candidata á alcaldía, Paula Bouzós, recordou que o domingo 28 hai dúas opcións: continuar co goberno que este oito anos “se dedicou a todo menos a gobernar e atender as necesidades deste concello, que se esqueceu das parroquias, que destruíu comercio e converteu a Gondomar nun pobo dormitorio” ou “apostar por un proxecto novo, renovado, con ilusión e comprometido con cada un dos lugares de Gondomar”.

 

Recorda que o Goberno socialista foi incapaz de dar solución en oito anos aos tres grandes problemas que ten Gondomar, que son o PXOM, o saneamento e o polígono da Pasaxe, e por iso Bouzós comprométese que estes van ser os tres eixes do seu Goberno a partir  do 28 de maio.

 

Ademais, comprometeuse a reforzar o departamento de urbanismo para axilizar a concesión de licencias e aprobar o plan urbanístico; ofrecer un concello aberto aos veciños e non pechado a cal e canto; mellora de infraestruturas, apoio aos colectivos e entidades locais; apoio ao comercio local; implantar un transporte interparroquial que facilite a mobilidade dos veciños; xestionar a construción dun campo de fútbol en Vincios e mellorar o de Gayandas e Couso; un Centro de Día, impulsar o Consello municipal da Muller; ampliar a cobertura do Servizo de Axuda no Fogar, etc.

 

“Gondomar ten dez parroquias e todas deben ser atendidas por igual, e por iso por un Gondomar de 10 deixará de ser un lema si Gobernamos, vaise converter nunha realidade”, engadiu.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.