Lunes, 10 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 21 de Mayo de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Angel Santos obtén un triunfo histórico en Cans con catro premios pola curta Alicia fai cousas

A XX edición do Festival de Cans baixou o pano co acto de entrega de premios nas distintas categorías competitivas do certame. O gran gañador deste edición foi o realizador Angel Santos (Marín, 1976), que obtivo catro dos premios principais: Mellor curtametraxe de Ficción, Mellor Dirección, Mellor Guión e Mellor Protagonista Feminina coa curta “Alicia fai cousas”. Trátase dun triunfo histórico en Cans xa que ninguén ata o de agora conseguira gañar en catro categorías tan importantes coa mesma curtametraxe. 

 

“Alicia fai cousas” conta a historia dunha moza de 25 anos á quen se lle meteu na cabeza que está aburrida e mentres se prepara para unha audición pensa se debería apuntarse a algún curso ou se vai ou non a unha festa. O guión premiado é do propio Ángel Santos e de Pablo García Canda e o premio á mellor actriz foi para a súa protagonista, Alicia Armenteros. 

 

Angel Santos é un cineasta cunha longa traxectoria que xa presentou en Cans en 2015 a longametraxe “Las altas presiones” e que na pasada edición do certame obtivo o premio ao Mellor Guión por “Así vendrá la noche”. O xurado (composto por Santi Prego, Isabel Ruíz Lara, Carla Subirana, Alberte Branco e Nerea Barros) xustificou o galardón á Mellor Curta de Non Ficción a “Alicia fai cousas” pola determinación amosada para ir á contra da linguaxe dominante. 

 

O resto de premios na categoría de Ficción/Animación foron para Eduardo Rodríguez Cuña “Tatán” (Mellor Actor por “O coidado”), Mario G. Cortizo (Mellor BSO por “O neno sardiña”) e Paula Quiroga (Mellor Fotografía por “Ulises”). Ademais, o xurado fixo dúas mencións especiais, unha para o director Félix Brines polos seu traballo en “Ulises” e outra para os guionistas Lorena Ares e Carlos Fernández por “Amanece la noche más larga”.

 

PREMIOS NAS SECCIÓNS FURACÁNS E NOVAS CAMADAS

Na sección Furacáns, dedicada ás curtametraxes de non ficción, o premio foi para a curta “Mariví, na pel da memoria”, das irmás Coral e Laura Piñeiro, que conta a historia da correspondencia entre dúas persoas que naceron na mesma vila. Unha delas é Mariví, a filla dun alcalde republicano que tivo que exiliarse con 14 anos por culpa do golpe franquista. O xurado tamén fixo unha mención especial á “Ningún Deus”,  opera prima de Miriam Opazo Ojea. 

 

No que se refire á sección Novas Camadas, na que competiron os realizadores menores de 25 anos, o premio foi para “Despois de ti”, da realizadora Paula Pereira. É unha curtametraxe rodada nas Illas Cies dentro do concurso de curtas “Desafío Illas Cíes”. 

 

O festival pecha esta noite a edición do seu 20 aniversario cun balance moi positivo pola gran afluencia de público rexistrada e o bo ambiente que marcou o desenvolvemento do certame, que por primeira vez estendeu a súa programación durante cinco días e contou con máis de 25 actuacións musicais, ademais das distintas proxeccións das seccións competitivas e non competitivas e múltiples actividades paralelas (coloquios, roteiros, visitas de colexios, etc).



Directores como a franco-armenia Valérie Massadian e o galego Enrique Otero e destacados actores como María Vázquez, Luis Zahera, Javier Gutiérrez, Nathalie Poza, Diego Anido ou Tamar Novas estiveron presentes nesta edición aniversario do evento. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.