Viernes, 07 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 21 de Mayo de 2023 Tiempo de lectura:
Mos

Alfonso Rueda pide o voto para Nidia Arévalo

Nidia Arévalo: “A miña paixón por Mos medra a medida que vexo ata onde chegamos. Temos un concello do que presumir e, entre todos, seremos aínda máis fortes”

O presidente do PPdeG puxo en valor as tres maiorías absolutas acadadas por Nidia Arévalo asegurando que non son froito do azar, senón que son o resultado do traballo, o compromiso, a ambición e a ilusión demostrada que demostran día a día a alcaldesa e o seu equipo por Mos

 

Remarcando que a mellor proba destes anos de xestión feita sempre coa cabeza e o corazón postos en Mos é que este concello é hoxe un referente e ademais o mellor lugar para vivir, para investir e para crear emprego

 

Mos ten tamén un futuro brillante do que o Goberno galego quere formar parte coa construción de nova vivenda pública, co complexo sociosanitario de Rebullón, coa humanización do entorno da ermida de San Eleuterio en Tameiga e co apoio ao proxecto Galicia Sports 360

 

Rueda incidiu na importancia de apoiar as iniciativas que xeran riqueza e de comprender que emprego equivale a benestar e que benestar equivale a futuro, e que por iso se necesitan dirixentes que cumpran a súa palabra e non que estean inmersos no non polo non

 

Neste sentido engadiu que os galegos necesitan moito máis PP e non ao PSOE dos prazos vencidos do AVE a Vigo, dos 30.000 euros da Saída Sur ou do abandono de Stellantis

 

O líder dos populares galegos concluíu pedindo os votos para a súa formación para seguir mellorando Galicia, darlle a volta ás dificultades e abrir unha nova etapa de maior ilusión fronte as decepcións vividas nos últimos tempos

 

NIDIA ARÉVALO: “SOMOS A ÚNICA OPCIÓN VÁLIDA”

 

A alcaldesa e candidata á reelección asegurou que para ela Mos sempre foi o primeiro: “A miña paixón polo meu concello vén de lonxe, desde ben nena. Unha paixón que medra a medida que vexo que Mos se fai máis forte e ata onde chegamos. Mos é hoxe un lugar do que presumir e, entre todos, seremos aínda máis fortes”

 

“Non está nada feito, o domingo hai que encher as urnas. Sei que, coma min e o meu equipo, os veciños tamén poñedes a Mos primeiro. Somos a única opción válida para seguir nesta senda de transformación”, remarcou dirixíndose aos asistentes ao xantar

 

Nidia Arévalo recordou que o Mos do que desfrutan hoxe os veciños “non é froito da casualidade, nin da improvisación” senón que é o resultado de “saber o que queremos e ter unha folla de ruta clara”

 

Isto permite, tal e como sinalou, ter vivenda pública, grandes proxectos como o centro sanitario de Rebullón –“o primeiro centro público de coidados sanitarios intermedios de España”, indicou– e sobre todo pensar nas persoas, con máis emprego, máis escolas infantís, máis servizos sociais, mellor educación, igualdade, cultura, deportes, etc.

 

Neste sentido o Mos de hoxe tamén é un concello humanizado, atractivo para empresas e industria, máis limpo, con máis servizos, asfaltado e con saneamento

 

“Pido o voso voto porque teño equipo, estou avalada polos feitos e teño o mellor programa. Pero sobre todo porque teño aos mellores veciños, que me dan forza, que me din por onde ir, que están ao noso carón, falando e nós escoitando”, concluíu

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.