Mos
Os populares de Mos reclaman a inmediata gratuidade da peaxe do Porriño da AP-9 como solución á A-55
Nidia Arévalo contou co apoio da que fora Ministra de Fomento, Ana Pastor, no mitin dos populares de Mos que se celebrou esta tarde na contorna da Capela de San Eleuterio, parroquia de Tameiga. Durante o mesmo Arévalo e Pastor lamentaron que “os socialistas promovan que Mos sexa atropelado para que Vigo creza” e defenderon, unha vez máis, a inminente liberalización da peaxe da AP-9 no Porriño como a solución que o pobo de Mos quere para a tan perigosa A-55.
Ademais a candidata á alcaldía dos populares de Mos, Nidia Arévalo, e o presidente do PP de Mos e voceiro do partido, Camilo Augusto, informan de que dende o Partido Popular vénse de denunciar ante a Xunta Electoral de Zona o incumprimento da Lei Electoral co acto celebrado onte pola mañá en Mos polo PSOE no que se anunciou a "inminente" exposición pública para licitar a obra do túnel Vigo-Mos Porriño na A-55 por parte do delegado do Goberno, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado pola candidata mosense do seu partido ás vindeiras eleccións municipais.
Este anuncio, ademáis de incumprir a lei, demostra o descoñecemento dos socialistas da realidade e da vontade do pobo de Mos, pois din que dá resposta a "anos de demandas de moitos veciños e veciñas" como solución á alta sinistralidade da A-55; mentres que é todo o contrario. Fai xa máis dunha década a veciñanza de Mos reunía 11.300 firmas contra a nova autovía e propoñía, xunto co Concello, que se liberalizase o tramo da autopista AP-9 entre Vigo e O Porriño como mellor solución á sinistralidade na autovía. Con Nidia Arévalo como alcaldesa e Ana Pastor como Ministra de Fomento, Mos logrou que se eliminase do proxecto da nova autovía o tramo que voltaba a cercenar Mos e que este se proxectase en túnel (como así se fixo), pero insistindo en que a máis rápida e eficaz solución para a tan perigosa A-55 sería a gratuidade da peaxe do Porriño na AP-9.
E así o levan reclamando durante anos Arévalo e o seu equipo, xunto co óptimo mantemento da autovía máis perigosa de Galicia e de España. Polo que desde o PP de Mos laméntase que onte Besteiro se teña esquecido de anunciar os tan necesarios asfaltado integral e reparación da actual autovía.
Neste senso, “os populares de Mos non nos cansaremos de reclamar o mantemento e coidado dunha autovía que sofren diariamente milleiros de mosenses e condutores doutras localidades”, insistiu Nidia Arévalo.
A deputada autonómica mosense e número 3 da candidatura de Nidia Arévalo, Feli Rodríguez, voltou a presentar unha nova Proposición non de Lei no Parlamento Galego, solicitando a mellora integral da autovía e o seu óptimo mantemento.
Mos acumula solicitudes históricas ao Ministerio de Fomento respecto da A-55 ás que a administración estatal fixo caso omiso. Tales son a construción dunha rotonda na confluencia da AP-9 á A-55 e a propia N-120 de entrada e saída a Mos (Alto de Puxeiros), a rehabilitación de todo o firme da A-55 dende Vigo a Porriño con asfalto fonoabsorbente e antideslizante, a sinalización adecuada e suficiente, o arranxo do paso inferior á altura de A Rans (P.K. 10+000) do que urxe un mantemento adecuado, a limpeza e mantemento do vial de servizo da autovía, repintado de pasos de peóns existentes no vial de servizo da autovía, etc.
Xa en novembro do ano pasado o Concello de Mos aprobou en Pleno a moción do PP de Mos, dirixida ao Ministerio de Transportes para esixirlle o óptimo mantemento e que garanta a seguridade na A-55.
“A Autovía A-55 Vigo-Porriño é a vía máis perigosa de Galicia e a autovía con máis accidentes de España. Atópase nun estado deplorable, co firme da calzada totalmente destrozado en todo o vial en xeral e ao seu paso por Mos en particular, poñendo en perigo aos 60.000 condutores que utilizan a diario a autovía, entre eles moitos veciños e veciñas de Mos; por iso non podemos continuar nesta situación de deixadez e abandono por parte do Ministerio de Fomento”, declaraba entón Nidia Arévalo.
Na moción aprobada en Pleno pedíase ademáis que “Fomento nos escoite”, e que todos os proxectos pendentes no municipio dependentes dese Ministerio se leven por fin a cabo. Entre eles que se execute tamén en Mos o Plan de Acción contra o Ruido do Ministerio de Transportes, coa implantación de medidas contra o ruido na A-55 e na A-52 en Puxeiros-Tameiga e Cerqueirás e Amieirolongo en Sanguiñeda. Ademais a moción incluía varios acordos nos que se instaba ao Ministerio de Transportes (antes Fomento) á gratuidade da peaxe de Porriño da AP-9, xa que é a solución máis rápida e inmediata para evitar e reducir a siniestralidade, e que se desvíe o tráfico da tan perigosa A-55, liberalizalizando a peaxe de Porriño da AP-9. E ao mantemento en óptimo estado das condicións da A-55.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22