Domingo, 02 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 22 de Mayo de 2023 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Verónica Tourón aspira a gobernar con independencia

A alcaldesa e candidata á reelección, Verónica Tourón afirma que “estamos nunha nova etapa na política salcedense, e que o PSdeG pode obter unha maioría suficiente para gobernar con independencia”

O partido socialista está centrado en realizar a mellor campaña posible, sempre en positivo, amosando á veciñanza todo o traballo realizado polo noso grupo durante a pasada lexislatura e dende a alcaldía.


Salceda coñece agora outro xeito de gobernar, a través da xestión, traballo e dedicación á veciñanza, aportando solucións e levando a cabo importantes proxectos que melloran a vida das persoas.


Dende a agrupación socialista afirman “estar respaldados por unha boa xestión que proporcionou a Salceda un gran  avance na calidade dos servizos municipais, e poñen de exemplo a rehabilitación de espazos como a Piscina Municipal, o centro cívico A Devesa, a casa do mestre de Fontán para alugueiro social, o centro de servizos terapéuticos de Vendanova entre moitos outros proxectos que levan o selo do partido socialista. Xa demostramos a nosa xestión de goberno, pero merecemos ter  oportunidade de gobernar con plenitude de facultades, sen ataduras e sen lastres”.


Ademais, “temos o mellor plan para Salceda, con propostas de futuro, algunhas que xa están en marcha e outras aínda por realizar, propostas e medidas viables e que contan con proxecto, financiación e planificación”


Tourón sinala, “que non necesitamos estar nas batallas que están outros, a nós aválannos os feitos, a sociedade de hoxe non quere política de confrontación, nin caciquil, nin de maquillaxe, espera responsabilidade e xestión e que se defenda o interese xeral e o benestar da veciñanza, isto é o que nos diferencia de todas as demais opcións políticas e  iso é o que nos vai a dar o triunfo o próximo 28 de maio” .

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.80

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.