Viernes, 07 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 23 de Mayo de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

A candidata socialista, Victoria Alonso, aplaude o túnel baixo a A-55

Defende o seu proxecto de crear o centro urbano nas Pozas, construíndo unha gran Casa do Concello, a humanización da superficie da autovía e o impulso ás comunidades enerxéticas

Cheo total no centro sociocultural de Cela para escoitar á candidata socialista á Alcaldía de Mos, Victoria Alonso, “con xente do pobo e sen traer autobuses de fóra”. Un mitin no que presentou o seu proxecto para os próximos catro anos a partir de tres grandes eixes: a creación dun centro urbano en Mos a partir dun gran Consistorio con tódolos servizos na zona de As Pozas; a construción do túnel baixo a A-55 para dar paso á transformación da superficie nunha vía humanizada que vertebre as parroquias e, ademais, o impulso das comunidades enerxéticas para reducir o consumo municipal e reducir tamén a factura da luz á veciñanza.


En presencia de Carmela Silva, presidenta do PSdeG e da Deputación, e de David Regades, secretario xeral provincial do partido e delegado da Zona Franca, Victoria Alonso afirmou que todo o mundo en Mos está perplexo coa última “pirueta” do PP ao respecto do túnel baixo a A-55, “que agora, gracias a un Goberno socialista, avanza de verdade e vai supor un investimento de máis de 300 millóns de euros”. Así recordou as visitas electorais da ex-ministra Ana Pastor no ano 2015, “prometendo o túnel a bombo e platillo para logo deixar caducar o estudo de impacto ambiental; para incumprir como sempre”. “Agora o PP de Mos”, engadiu, “di que aposta pola liberación da peaxe da autopista AP-9 e para elo volve traer á mesma ministra que incumpriu as promesas do túnel e que ampliou as peaxes ata o ano 2048; vaia tomadura de pelo!”. “Prometeron o túnel 20 veces e agora non o queren! Por que? Quizais porque, unha vez máis, un Goberno socialista en Madrid vai facer o que eles non fixeron”.


Victoria Alonso recalcou que o PSOE está no mesmo sitio onde estaba e segue pensando que a autovía corta en dous a Mos e divide as parroquias, polo que “ túnel é a alternativa real, viable e executable para humanizar a superficie, reducir o tráfico radicalmente e convertela nunha vía que vertebre as parroquias en lugar de cortalas”. “Hai que ter un mínimo de coherencia”, subliñou, “porque vivimos nun concello rural e moi disperso” que obriga a planificar con sentido común.


A candidata comprometeuse a ser a alcaldesa de todos e todas e a seguir vivindo en Mos “porque agora temos unha que vive en Vigo e fai campaña na praza de abastos do Porriño”.


Carmela Silva afirmou que é tempo de cambiar a Alcaldía de Mos e puxo o exemplo dos 40 anos de gobernos do PP na Deputación, sen impulsar “nada transformador na provincia”. Engadiu que nunca tanta presencia tivo a Deputación en Mos como nestes últimos catro anos, aínda que a actual alcaldesa “é desagradecida, porque a Biblioteca reformouse con fondos moi maioritariamente da Deputación e logo pedíronlle uns euriños á Xunta. E a quen invitaron á inauguración? á Xunta! A nós, nin nos avisaron”. Animou, por tanto, a poñer fin a esta política malhumorada, de descortesía constante.


David Regades avogou tamén polo fin da confrontación estéril, “aos muros e ás barreiras con Vigo”. “En que beneficia á veciñanza de Mos esa hostilidade e os insultos ao alcalde de Vigo? En nada. Mos e Vigo temos intereses comúns”, concluíu. Recordou que a Zona Franca ten presencia en toda a provincia e non está en Mos. Engadiu que cómpre empezar a pensar en prestar servizos con acordos e convenios para racionalizar custos e mellorar a eficiencia. “Gañamos moito máis coa colaboración entre dous concellos irmáns, con tanta relación, que coa confrontación”, remachou.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.