REDONDELA
O grupo de traballo do sector turístico de empresas de Redondela dase cita na illa de San Simón
A Asociación de Empresarios de Redondela volve organizar unha xornada para dar a coñecer os atractivos turísticos de Redondela, de novo acompañados por Soledad Chayán, guía oficial de turismo e xestora da marca Mellor con Guía. Nesta ocasión, reúne por segunda vez ós profesionais do sector do turismo de Redondela para descubrir a historia da illa de San Simón, declarada Ben de Interese Cultural.
Despois de percorrer o centro histórico da vila, sen deixar atrás o cemiterio dos Eidos (recentemente votado coma o máis bonito de España), nesta ocasión embarcan para coñecer máis en profundidade a historia destas pequenas illas agochadas no corazón da enseada de San Simón e que son, sen lugar a dúbidas, un dos puntos máis visitados do concello de Redondela.
Durante dúas horas, estes profesionais do sector turístico descubriron os distintos usos deste espazo ó longo dos séculos, comezando polo seu uso como mosteiro dende a Idade Media e ata o século XVIII.
Distintas ordes relixiosas pasaron polas illas e todas elas deixaron unha forte pegada, aínda que a día de hoxe xa non queden restos visibles da mesma.
O gran cambio produciuse a partires do século XIX, época á que pertencen os edificios que inda se conservan en pé, agora restaurados.
O fenómeno da emigración cara a América fixo que este espazo abandoado polos monxes se convertera nun hospital de corentena para aqueles que volvían ó Vello Continente, xa que as illas de San Simón e San Antón ofrecían o espazo e o illamento necesarios para cumplir esta misión.
Outro episodio de sobra coñecido é o seu uso como centro penitenciario durante a Guerra Civil Española e os anos da posguerra.
Antes de ser definitivamente abandoadas, foi o de escola-fogar Méndez Núñez, sen dúbida a etapa menos coñecida da historia deste recuncho agochado no corazón da Ría de Vigo, un lugar que se pode visitar dende este momento con saídas dende o porto de Cesantes para grupos reducidos.
Durante o percorrido en barco dende o punto de saída, os visitantes poderán coñecer distintos puntos de interese das enseada de San Simón, así como curiosidades e lendas asociadas a esta zona.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.235