A GUARDA
Antonio Lomba pon en valor dende o pavillón da Sangriña
O renovado pavillón da Sangriña, exemplo do impulso na Guarda durante estes últimos catro anos coa colaboración institucional e moi nomeadamente entre o Concello e a Deputación, foi o lugar elixido para a visita de Carmela Silva á candidatura que encabeza o alcalde e candidato socialista, Antonio Lomba.
Lomba amosouse orgulloso da xestión deste último mandato “pois conseguimos executar o 80% dos compromisos do programa co que nos presentamos en 2019 e iso que non foi un mandato nada doado porque nos cruzamos cunha pandemia que paralizouno todo e cun BNG que, ás primeiras de cambio, optou por abandonar o Goberno local e deixar de axudar”. “Nós tiñamos moi claro para que e por que nos presentamos, que é a xente da Guarda, e hoxe podemos poñer o balance enriba da mesa”.
O alcalde agradeceu a Carmela Silva o apoio constante da Deputación, tanto cos fondos ordinarios do Plan Concellos como cos extraordinarios, como o plan ReacPon, que permitiu afrontar unha obra ambiciosa e longamente agardada como era a da Sangriña. Explicou que o Concello conseguiu un total de 7 millóns de euros de achegas doutras Administracións e gracias a iso renovouse toda a iluminación pública con tecnoloxía led ou vanse desenvolver accións turísticas co millón de euros do Plan de Sostibilidade Turística en Destino que financian os fondos Next Generation. “Estamos moi orgullosos das grandes obras, pero tamén de cousas que consideramos aínda máis importantes como a apertura da segunda escola infantil, o convenio con AFAGA para fomentar o avellentamento activo da xente maior” ou os tres obradoiros de emprego, a pesar da pandemia, que deron formación remunerada a 60 persoas.
O alcalde e candidato anunciou que o próximo mandato haberá máquinas traballando para facer realidade o parque empresarial da Guarda-O Rosal gracias á colaboración de Zona Franca e Solo Empresarial do Atlántico.
Será tamén o mandato no que se concretará o acceso Sur ao porto da Guarda, porque o proxecto redactado gracias ao apoio técnico da Deputación xa superou o informe sectorial de Patrimonio. Avanzarase na senda ao redor do monte da Trega e tamén na construción do Auditorio municipal. Finalmente, a axenda inclúe un gran parque infantil e xestionarase diante da Xunta un Centro de Día. “Hai unha planificación, uns deberes feitos e todos estes son proxectos moi maduros e que estamos obsesionados/as con sacar adiante”.
“Estes catro anos tivemos un goberno moi estable e, honradamente creo que moi traballador e por iso estamos esforzándonos, en campaña, en explicar que se esta folla de ruta que xa está trazada non se leva a cabo sería catastrófico para A Guarda”, concluíu.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141