Viernes, 24 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 24 de Abril de 2026 a las 20:13:07 horas

Xornal21.es
Martes, 23 de Mayo de 2023 Tiempo de lectura:
TUI

Rueda recorda os falecidos na explosión de Paramos e eloxia o espírito de unión e solidariedade da veciñanza

O presidente da Xunta participou na homenaxe ás vítimas do accidente pirotécnico cinco anos despois da traxedia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recordou os falecidos na explosión da parroquia de Paramos (Tui) e eloxiou o espírito de unión e solidariedade da veciñanza. O mandatario galego participou na homenaxe ás vítimas do accidente pirotécnico cinco anos despois de que tivera lugar a traxedia na que perderon a vida dúas persoas, resultaron feridas 36 e víronse afectadas 530 vivendas e negocios, 76 vehículos e as infraestruturas dos servizos públicos.

 

[Img #82137]

 

No acto organizado pola Asociación de afectados Paramos-Guillarei, Alfonso Rueda lamentou a morte do matrimonio Hailas e quixo, unha vez máis, acompañar á súa familia na dor, ademais de consolar aos que o perderon todo naquel aciago 23 de maio de 2018. “O tempo non sempre o cura todo e esas dúas mortes son irreparables”, recoñeceu. O presidente da Xunta puxo en valor as mostras de unión e solidariedade que demostrou a veciñanza e o proceso de recuperación da zona afectada e de reparación das vítimas.

 

O mandatario autonómico recordou o compromiso das Administracións para estar á altura da resposta cidadá e o obxectivo que daquela se marcou o Goberno galego reaccionando con recursos, celeridade e xustiza. “Todo o mundo quería que a vida fora como antes da explosión, pero como non pode ser, agardo que polo menos botaramos unha man para que coa reconstrución se pareza o máis posible á vida anterior”, desexou o mandatario autonómico.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.235

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.