Domingo, 09 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 24 de Mayo de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Alejandro Lorenzo aposta por relanzar a praza de abastos

O candidato dos populares inclúe no seu programa o proxecto de modernización e mellora da Praza de Abastos e a súa contorna, que a convertirá nun espazo no que ademais de comprar produtos de proximidade e disfrutar da hostalería se celebren eventos, feiras e mercados

O candidato dos populares á alcaldía do Porriño, Alejandro Lorenzo, anunciou  unha das súas propostas, desta vez dirixida á posta en valor da praza de abastos e do tecido comercial do Porriño.


“Investir no comercio local é investir no Porriño e por iso temos que facer o máximo esforzo para mellorar a súa competitividade e dinamizalo”, explicou Lorenzo.

 

[Img #82131]


A tal fin inclúe no seu programa varias medidas de impulso do comercio local entre as que destaca o proxecto de mellora e acondicionamento da Praza de Abastos da vila e da súa contorna.  Unha proposta que reconvertirá o mercado, tanto no interior como no exterior, para facer del o centro físico e xerador da zona comercial e de ocio.


 “Buscamos a modernización da tradicional Praza de Abastos, reconvertíndoa nun espazo no que, ademais de comprar produtos de proximidade, se atraia a nova clientela coa incorporación de novos espazos para a hostalería e eventos gastronómicos, así como feiras na contorna do Mercado”, explicou o candidato, “Todo isto, por suposto, respectando a esencia do edificio de Xosé Bar Boo”.


O proxecto dos populares inclúe a renovación das instalacións de fontanería e saneamento, instalacións eléctricas incorporando iluminación LED e sistemas de dixitalización. Ademais, cambiarase o pavimento tanto na planta baixa como na entreplanta, ampliando esta última para conseguir máis superficie de uso.


En canto á contorna, propoñen trasladar o espacio de aparcamento a unha parcela contigua para crear unha praza exterior anexa ao edificio, que permita dipoñer dun amplo espazo para a celebración de mercados e feiras, coa idea de que isto sirva tamén como reclamo turístico á hora de atraer nova clientela á vila.


A súa posta en valor do comercio inclúe tamén a creación dunha APP pensada por e para o comercio local e a hostalería que poñerá en contacto de maneira rápida e sinxela a consumidores e establecementos, incluídos os da Praza de Abastos.


“A incorporación das novas tecnoloxías no comercio da vila pode ser unha excelente maneira de mellorar a súa presencia en liña e chegar a máis clientes, o que resultará nun aumento das ventas e na mellora da rentabilidade dos seus negocios”, concluíu Lorenzo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.