Galicia
Galicia a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas
O período medio de pago de Galicia foi de 10,40 días en marzo, case 20 días por debaixo da media de comunidades autónomas
Galicia pechou o primeiro trimestre do ano como a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas, só por detrás de Estremadura, segundo os datos oficiais do mes de marzo publicados hoxe polo Ministerio de Hacienda y Función Pública.
Así, o período medio de pago rexistrado por Galicia foi de 10,40 días en marzo, case 14 días inferior ao da media de comunidades autónomas, que foi de 24,11. Ademais, tamén se situou case 20 días por debaixo do límite de 30 que establece a normativa estatal.
En canto á débeda comercial, os datos do Ministerio sitúan a Galicia como a comunidade con menor débeda comercial de España. A ratio débeda/PIB de Galicia situouse no mes de marzo no 0,08%, por debaixo da media autonómica, que foi do 0,29%. A débeda comercial do conxunto de comunidades era de 3.443 millóns de euros, dos que 60 millóns – o 1,74%- corresponden a Galicia.
Os datos publicados hoxe volven ratificar que a Comunidade Autónoma estaba en marzo de 2023 entre as que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.
Período Medio de Pago – Marzo de 2023 (*CCAA réxime foral)
Extremadura
8,39
Galicia
10,40
Andalucia
16,36
Madrid
18,45
País Vasco*
20,31
Castilla-La Mancha
20,89
Castilla-León
21,23
Cantabria
23,33
Navarra*
23,45

|

||||
|
Extremadura
|
8,39
|
|
||
|
Galicia
|
10,40
|
|||
|
Andalucia
|
16,36
|
|||
|
Madrid
|
18,45
|
|||
|
País Vasco*
|
20,31
|
|||
|
Castilla-La Mancha
|
20,89
|
|||
|
Castilla-León
|
21,23
|
|||
|
Cantabria
|
23,33
|
|||
|
Navarra*
|
23,45
|

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217