Mos
Nidia Arévalo presenta o seu programa en materia de economía e emprego
A alcaldesa de Mos e candidata á Alcaldía polo PP mosense, Nidia Arévalo, participou este mediodía, acompañada do vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, dun encontro sectorial co tecido empresarial de Mos. Fíxoo nun xantar na parroquia de Pereiras, no barrio de San Rafael en “Lano” xunto co seu número 4 de candidatura e actual concelleiro pola parroquia de Pereiras, Leo Costas Alonso, e o seu número 6, Julia Loureiro Campo, actual concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial, Emprego, Educación, Persoal e Réxime Interno, e Mobilidade.
Neste encontro reuníronse unha vintena de empresarios de Mos, entre os que se atopan representantes da Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS) e outros empresarios da zona, convocados por esta asociación.
Asistiron o presidente de AEMOS, Manuel Castro, e o xerente desta entidade, Francisco Domínguez. Así como empresarios de diferentes zonas: Rebullón, Monte Faquiña, Veigadaña... e outros asociados de AEMOS.
Durante a xuntanza tratáronse proxectos capitais para o empresariado mosense e tanto Arévalo como Conde coincidiron en salientar que as empresas son “o verdadeiro motor da economía galega e mosense e xeradoras de emprego”. Destacaron que “os empresarios e as súas empresas son o motor da economía de Galicia e de Mos, por iso temos que tenderlles a man e defender os seus intereses, como principal actor xerador de emprego e postos de traballo que son”.
Un dos principais temas abordados, é o acceso ao Parque Empresarial PEMOS-Veigadaña (en funcionamento desde 2012 e case ao 100% de ocupación, sendo un polígono clave para o sur de Pontevedra) desde a Autovía A-55. O polígono da Veigadaña, executado e xestionado pola Xunta a través de Xestur Galicia, conta na actualidade cunha conexión directa coa estrada N-550 e sitúase a menos de 1 quilómetro da autovía Vigo-O Porriño.
A finais de 2020 a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, informaba á rexedora local mosense de que o acceso ao Polígono da Veigadaña desde a A-55 contaba xa co Estudo de Viabilidade favorable.
A redacción do devandito estudo de viabilidade foi adxudicado en marzo de 2020 pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas. Este contrato foi adxudicado á empresa Noega Ingenieros S.L., por un investimento duns 18.000 euros. A redacción do proxecto realizouse nun prazo de 6 meses. O obxectivo deste novo acceso é mellorar a competitividade do Polígono.
O custe estimado deste proxecto ascendería a uns 4,5 millóns de euros, e consistiría nun novo vial de conexión entre o polígono de Veigadaña e a A-55, e un anel de conexión interior ao polígono de Veigadaña, que conectaría directamente o anel da Lagoa co anel do Perral, cunha lonxitude de 440 metros.
O vial de conexión directo entre o devandito polígono e a A-55 resolveríase a partir da creación dunha nova rotonda na parte sur do ámbito do polígono e discorrería entre os núcleos de Arrubial e A Estivada ata a súa conexión co acceso existente á A-55 (zona de Porteliña), mellorando o devandito acceso coa creación doutra rotonda e a limpeza do vial existente. Dita conexión tería unha lonxitude aproximada de 1.300 metros.
Este proxecto busca mellorar a competitividade das empresas existentes e futuras do polígono ao dotalas dun acceso directo desde a autovía. Quedaría así totalmente conectado ás principais vías de comunicación, na súa parte oeste cara á A-55 e na súa parte este cara a a N-550 (conexión xa existente).
Outros temas tratados
Tamén se abordaron durante a comida outros asuntos de vital importancia, como son o acuciante problema da autovía máis perigosa de España, a A-55, e a eliminación da peaxe da AP-9 no tramo Vigo-Porriño como solución inmediata á problemática da vía ao seu paso por Mos, onde rexistra máis accidentes, e complica o transporte de mercadorías coas evidentes consecuencias negativas para o empresariado. O novo polígono empresarial de Arrufana, xa que Veigadaña atópase prácticamente completo, e Mos é o pulmón empresarial de Vigo, a cidade máis grande e industrial de Galicia. A situación do Polígono do Rebullón, gravemente afectado por un incendio fai case un ano. Así como solucionar a problemática do canon que establece a Comunidade de Montes de Tameiga ás empresas do Polígono de Monte Faquiña. E, por último, promover un Centro de Negocios para o Parque Empresarial PEMOS-Veigadaña, que supoña un punto de encontro dentro do polígono, un nexo de unión, un centro neurálxico para diferentes usos.
Programa Electoral
Así mesmo Nidia Arévalo fixo unha exposición ante o empresariado mosense do ‘Mos Territorio de Oportunidades’ en materia de economía e emprego que quere seguir a construír durante os vindeiros 4 anos. Así, explicou Arévalo, “contando coa vosa confianza e a da veciñanza mosense, impulsaremos 700.000 metros cadrados máis de solo industrial entre Arrufana e Cebral. Tamén promoveremos un acceso directo ao Polígono de Veigadaña desde a Autovía. Continuaremos desenvolvendo políticas activas de emprego e programas integrados e obradoiros de emprego co obxectivo da inserción plena da poboación do Concello de Mos. Potenciaremos a bolsa de emprego municipal, reforzando o portal de emprego do Concello de Mos www.portalmos.es, así como a APP Somos Emprego, co obxectivo de aglutinar as ofertas de emprego existentes no noso municipio, servindo de ferramenta tanto para as empresas como aos/as traballadores/as desempregados/as . Realizaremos un encontro empresarial e do emprego anual, onde se poñan en marcha sesións de networking, intercambio de coñecementos e experiencias, o fortalecemento de relación comerciais, promoción de produtos e servizos, así como sesións de mentoría, nos que os asistentes poidan recibir asesoramento e orientación de líderes empresariais expertos na materia. Potenciaremos a formación a distancia a través da Aula Mentor: programa de educación dixital Cidadanía Dixital, dirixido a toda a poboación mosense, e co obxectivo de promover a inclusión dixital e fomentar o acceso e uso das novas tecnoloxías: alfabetización informática, solicitude de citas médicas, solicitude de becas e subvencións... Poremos en valora Mos como centro de referencia en Galicia na certificación de competencias dixitáis con recoñecemento a nivel internacional. Potenciaremos a instalación de novas empresas e consolidación das existentes. Ofrecendo asesoramento sobre recursos, sobre normativa empresarial, permisos e outras regulacións...”.
Outras iniciativas presentadas no programa de economía e emprego de Arévalo son a creación dun Coworking Rural, implantar un Servizo de Acompañamento Dixital para persoas emprendedoras. E poñer en marcha un Plan municipal de dinamización e fomento do comercio de proximidade, que inclúa o impulso xunto coa Asociación de Hostalería e Turismo de Mos, Ba-RES-Mos, diversas iniciativas; así como a posta en marcha da Mesa local do comercio, como foro para impulsar o pequeno e mediano comercio nas parroquias do noso concello.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22