Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 26 de Mayo de 2023 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Delfín Domínguez aplaude os avances da Deputación para desviar o trazado da estrada provincial de Pazos

O candidato socialista á Alcaldía de Ponteareas, Delfín Dominguez, anuncia que os avances na mobilidade continuarán durante o próximo mandato da man do Goberno de España e da Deputación, que xa están a coordinar actuacións para entroncar a estrada provincial EP-2703 (Ponteareas-Pazos de Borbén) coa glorieta prevista na futura Variante da N-120.


Trala redacción do proxecto da variante da estrada nacional, onde se prevé unha glorieta despois da capela dos Remedios (actual intersección da N-120 coa EP-2703), a Deputación xa comezou a traballar para cambiar o trazado desta vía provincial para incremntar a seguridade na saída da veciñanza de Ribadetea e Padróns, así como permitir un acceso en condicións para o parque empresarial da Lomba.


A solución consistiría na construción dunha nova vía duns 700 metros que solucione todas estas cuestións. A expensas da construción da glorieta, o deputado de Infraestruturas, Gregorio Agís, xa mantivo contactos cos responsables municipais de Vías e Obras para facelo posible.


Este trazado, engade Delfín Domínguez, xa está previsto no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Ponteareas, aprobado hai un ano. “Vai ser un avance transcendental para as infraestruturas viarias do noso pobo”, concluíu o candidato.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.