DEPORTES
Preto de 200 atletas disputarán este sábado o VIII tríatlon Concello do Porriño
O padriño do evento, Javier Gómez Noya, participou hoxe na presentación do triatlón que rende homenaxe este ano e á loita contra o cancro e contempla novidades moi destacables, como a dotación de premios económicos para os para os gañadores
191 triatletas disputarán a oitava edición do Tríatlon Concello do Porriño, unha cifra que ratifica a capacidade de convocatoria que ten este evento deportivo.
Esta mañá presentouse o evento nun acto que contou coa asistencia do padriño desta edición, Javier Gómez Noya, cinco veces campión mundial nos anos 2008, 2010, 2013, 2014 e 2015, medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Londres 2012, e catro veces campión de Europa nos anos 2007, 2009 2012 e 2016, que compartiu conversa e un ratiño agradable cos nenos e nenas dos coles que tamén asistiron.
O concelleiro de deportes de Tui, Rafael Estévez, destacou a importancia da proba para o seu municipio e quixo agradecer o labor dos técnicos deportivos de Tui e do Porriño para facelo posible, ademais de convidar a todo o mundo a disfrutar dun evento deportivo desta magnitude.
Na mesma liña se expresou Gómez Noya que ademais asegurou que para el é unha honra respaldar esta proba e poder facelo rodeado de nenas e nenos que disfrutan dende pequenos do deporte.
Pola súa banda, o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, salientou que este ano a proba rende homenaxe á loita contra o cancro e contempla novidades moi destacables, como a dotación de premios económicos para os para os gañadores. E é que ademais dos tradicionais trofeos para os vencedores de cada categoría e locais, o primeiro e primeira deportista masculino e feminino recibirá un premio de 500 euros, o segundo de 200 , o terceiro de 150 euros, o cuarto de 100 euros e o quinto de 50 euros.
Como cada ano, o tramo de natación sprint será de 750 m, desenvolverase no río Miño fronte á sede da Comandancia Naval de Tui. O tramo de bici é de 20 km entre Tui e O Porriño e finalmente a carreira pedestre cun percorrido de 5 km que se disputa no casco urbano do Porriño.
Os máis pequenos tamén terán a súa proba: o Triatlón Mini, no que terán que completar 25 m na piscina municipal, 700 m en bicicleta dende a piscina ata a igrexa e alí farán a transición para encarar os 300 m de carreira a pé dende ata o Concello.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217