Ponteareas
Nava Castro, a gran gañadora da noite electoral en Ponteareas
O mandato da lista máis votada é o de conformar goberno e Nava Castro compromete “traballo desde o minuto un para dar estabilidade e unha folla de ruta para o futuro deste concello”
Nava Castro foi a gañadora absoluta da noite electoral en Ponteareas. A candidata do Partido Popular foi a líder que máis apoios recibiu nas urnas dando unha auténtica volta ao reparto de concelleiros do pleno municipal de cara aos próximos 4 anos. Os 3.759 sufraxios que sumou o proxecto de Castro convértena na lista máis votada cunha vantaxe de 356 sobre o partido que ata o de agora lideraba o goberno local.
“Quero dar as gracias ao equipo e ao conxunto da cidadanía, e comprométome a traballar sen descanso desde o minuto un para dar estabilidade a este concello e para establecer unha folla de ruta que nos permita afrontar o futuro con garantías, estabilidade e para ser referentes”, asegurou a vencedora das eleccións momentos despois de pechar o escrutinio nos colexios electorais.
Pasar de 5 a 7 edís, e converterse na opción favorita da maioría da veciñanza en apenas 3 meses de traballo do novo equipo, acolleuse con euforia na sede do partido, ateigada de voluntarios, simpatizantes e a candidatura ao completo, que celebraron unha vitoria que cambia a configuración municipal de cara aos vindeiros 4 anos e o signo político do Concello despois de 8 anos.
“A cidadanía certificou cos seus votos o seu desexo de “resetear” e cambiar de goberno. Tomo esa confianza como o principal mandato e non descansarei ata que esta vila volva a ocupar o lugar que merece”, apuntou Nava Castro.
Como lista máis votada, o primeiro dos encargos é conformar goberno. Sobre as posibilidades matemáticas e políticas que plantexan os resultados obtidos, Nava Castro dá un paso á fronte e asegura que é momento de pensar en Ponteareas en antepoñer o obxectivo global e non os individuais ou os partidismos. “Confío en que os demais partidos entendan o desexo dos veciños e veciñas, que veñan a poñer solucións e que permitan a gobernabilidade e a estabilidade nos próximos catro anos, que serán fundamentais”.
Neste contexto a propia Nava Castro non pechou a porta a nada, mesmo a gobernar en solitario se non se dan as condicións óptimas para acadar unha maioría absoluta, fixada nos 11 concelleiros. E como colofón, recalcar, que como xa repetiu durante a campaña, Castro dixo que “non marcho, que non teño que marchar. Quedo en Ponteareas”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149