PROVINCIA
A Xunta adxudica as obras de execución do aparcadoiro disuasorio de Moaña
Habilitarase un aparcadoiro de 75 prazas nas proximidades do enlace de Rande, como prolongación do existente na marxe dereita desta vía, no punto quilométrico 33+250
A Xunta adxudicou por un importe de 791.269 euros as obras de execución do aparcadoiro disuasorio para o fomento do vehículo compartido, asociado á implantación de zonas de baixas emisións na estrada autonómica PO-551, en Domaio, no concello de Moaña.
O contrato, adxudicado á empresa Construcciones, Obras y Viales, S.A., céntrase na construción deste novo aparcadoiro nas proximidades do enlace de Rande, como prolongación do xa existente na marxe dereita da estrada autonómica, no punto quilométrico 33+250.
A Xunta prevé comezarse en verán as obras deste novo aparcadoiro. Os actos expropiatorios dos predios necesarios para executar as obras están xa convocados. En concreto, o acto de levantamento de actas previas á ocupación está fixado para o vindeiro día 21 de xuño, das 10,00 ás 10,15 horas, na Casa do Concello de Moaña. A formalización das actas de ocupación levarase a cabo o día 20 de setembro, á mesma hora e no mesmo lugar.
O novo aparcadoiro contará cun total de 75 prazas, 2 delas para vehículos conducidos por persoas con mobilidade reducida, e preinstalación de 3 puntos de recarga para vehículos eléctricos.
Disporá, ademais, de carrís de circulación interior dun só sentido e unha banda perimetral de itinerario peonil.
A actuación forma parte dos proxectos promovidos pola Xunta ao abeiro dos fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia Next Generation UE no impulso da transformación da mobilidade nas contornas urbanas, apostando por desprazamentos máis limpos e sostibles.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22