Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 31 de Mayo de 2023 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Delfín Domínguez di que “non vai aceptar as maniobras escuras do PP do 2003”

O PSOE de Ponteareas fixo balance dos seus resultados electorais trala xornada do 28M. Os socialistas queren agradecer o apoio aos 1385 veciños e veciñas que depositaron a súa confianza na candidatura do médico Delfín Domínguez, mais son conscientes de que son uns malos resultados. Con todo, Delfín Domínguez garante un traballo intenso e en prol dos intereses dos veciños e veciñas de Ponteareas. “Seguiremos falando e escoitando aos nosos veciños e traballaremos para resolver os seus problemas dende a oposición”.

 

Por outra banda os socialistas de Ponteareas consideran que tralas eleccións do 28 de maio hai un mandato claro. “O PP foi o partido máis votado aínda que sen mayoría, polo tanto é quen ten que traballar para conseguila e ACIP e Independientes Ponteareas son os seus aliados naturais”. Así, os socialistas advirten que “non van aceptar as maniobras escuras do PP e ACIP do ano 2003”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.