GALICIA
A Xunta abre hoxe o prazo para formalizar a matrícula nas escolas infantís da Rede Pública Autonómica
O Goberno galego publica as listaxes definitivas de admitidos
As familias que solicitaron praza para o vindeiro curso 2023-2024 nas máis de 170 escolas infantís públicas autonómicas poden consultar as listaxes definitivas de admitidos na páxina web da Consellería de Política Social e Xuventude. A partir de hoxe ábrese o prazo par formalizar a matrícula e remata o vindeiro 14 de xuño.
As familias deberán presentar o impreso de matrícula cos datos debidamente cubertos xunto coa copia da cartilla de vacinación do neno, e facelo a través da sede electrónica da Xunta ou no centro onde obtivera praza. O inicio do curso nos centros de 0 a 3 anos da Administración autonómica está fixado para o día 5 de setembro.
No curso 2023-2024 a atención educativa será de novo gratuíta para o 100% do alumnado en todas as escolas infantís de Galicia durante oito horas ao día e once meses ao ano, tanto nas que forman parte da rede pública autonómica da Xunta como nas que dependen dos Concellos, nas de iniciativa social e nas privadas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217