GALICIA
A Xunta destina 14,6 m€ a axudas para impulsar o uso de enerxías renovables térmicas
Asegura que a previsión é “mobilizar 33,4 M€” en investimentos para instalar sistemas xeotérmicos, solares térmicos ou de biomasa
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Goberno galego inviste 14,6 millóns de euros en dúas liñas de axudas para impulsar as enerxías renovables térmicas e reducir os custos enerxéticos en todos os eidos. En concreto, o Consello avaliou esta mañá a nova convocatoria para o fomento de enerxías renovables térmicas en administracións e entidades do terceiro sector, así como a ampliación da liña dirixida a empresas.
Rueda explicou que a previsión é que estas achegas “permitan mobilizar 33,4 millóns de euros” en investimentos para instalar “caldeiras de biomasa” ou sistemas “xeotérmicos, solares térmicos, de aerotermia” ou hidrotermia.
O presidente do Goberno autonómico asegurou que a través do uso desta enerxía renovable búscase “acadar aforros de 3,6 millóns de euros ano na factura da electricidade” e poderanse reducir as emisións de CO2 “equivalentes á plantación de 1,3 millóns de árbores”. En canto ao consumo, a previsión é favorecer aforros anuais de 95.000 MWh/ano.
A Xunta activará nas vindeiras semanas a liña dirixida a administracións locais, entidades públicas e tamén privadas sen ánimo de lucro. De concorrencia non competitiva, apoiará o uso de biomasa, xeotermia, hidrotermia, aerotermia e solar térmica con axudas que alcanzarán o 70 % de intensidade.
Por outra parte, amplíase o orzamento da convocatoria destinada a empresas para o uso do mesmo tipo de fontes renovables. Nesta liña, as axudas serán dun 35 % no caso de grandes compañías, un 40 % para as medianas e un 45 % no caso das pequenas.
Preténdese non só a redución dos custos enerxéticos e a mellora da calidade de vida ligada ao coidado medioambiental, senón tamén contribuír á dinamización económica e a un cambio cultural necesario para abordar a transición enerxética en todos os eidos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217