GALICIA
A Xunta acorda non emitir informes mentres o goberno non estableza un marco para os eólicos
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, acompañado pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, asistiu á reunión do Observatorio da eólica mariña
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, asistiron esta semana á reunión do Observatorio da eólica mariña, onde a Xunta acordou, en consenso cos asistentes, non emitir ningún informe mentres non exista un marco normativo que estableza o procedemento de tramitación dos proxectos que se están presentando na Administración estatal.
No encontro realizouse unha avaliación da situación actual e estableceuse unha postura común desde Galicia en relación aos temas que seguen pendentes tras a presentación dos Plans de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM).
Neste sentido, desde a Xunta de Galicia enténdese que é necesario poder acceder a información máis detallada dos caladoiros existentes; un cronograma sobre cando haberá un marco normativo e a convocatoria das poxas de lámina de auga; a necesidade dun modelo de evacuación da enerxía centralizado ou coñecer o sistema de compensacións. Galicia seguirá, ademais, defendendo que calquera desenvolvemento da eólica mariña debe ser consensuado co sector pesqueiro para garantir a coexistencia de ambas as dúas actividades.
Na reunión apostouse por seguir defendendo o consenso e o diálogo para o desenvolvemento da eólica mariña, pois supón unha oportunidade para a competitividade industrial -coa posibilidade de xerar 8000 postos de traballo e un investimento de 1200M€-.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217