DEPORTES
Máis de 60 persoas promoven a saúde mental a través do deporte
Onte máis de 60 persoas con problemas de saúde mental procedentes de toda Galicia xuntáronse na contorna da Coruña para gozar dunha xornada de deporte e convivencia
Onte, venres 2 de xuño, a Escola de Tenis Marineda acolleu nas súas instalacións en A Barcala (Cambre) o II Encontro Multideporte organizado pola citada escola en colaboración con Saúde Mental FEAFES Galicia. Neste encontro, que se desenvolveu ao longo da mañá de 10h a 14h, participaron máis de 60 persoas con problemas de saúde mental procedentes de toda Galicia.
O encontro, cun marcado carácter lúdico e de convivencia, incluíu actividades de tenis, pádel, fútbol e baloncesto. Divididas en grupos de arredor de 15 integrantes, as persoas participantes rotaron polas catro estacións nas que os monitores e monitoras realizaron clases prácticas ou xogos relacionados con cada deporte. Deste xeito, as persoas asistentes tiveron un primeiro contacto coas disciplinas deportivas do tenis e o pádel, dirixidas por monitores da Escola de Tenis Marineda, e outras alternativas máis lúdicas nas estacións de fútbol e baloncesto, deportes tradicionalmente máis coñecidos.
As persoas que participaron nesta actividade pertencen a diversas asociacións federadas en Saúde Mental FEAFES Galicia: APEM (A Coruña, Cee e Culleredo), Saúde Mental Ferrol (Narón), Andaina (Ordes e Dodro), Alba (Pontevedra), Doa (Vigo e Cangas) e Avelaíña (A Guarda, Baiona e Ponteareas).
O obxectivo do encontro é promover o deporte en igualdade, impulsar a actividade física entre as persoas con problemas de saúde mental e loitar contra o estigma social que sofre este colectivo. Ademais, esta actividade permite ás persoas participantes romper coa rutina, relacionarse con outras persoas e socializar, mellorando así o seu autoestima e benestar.
Tras a xornada deportiva, realizouse unha foto de grupo e, posteriormente, as persoas participantes gozaron dunha comida de convivencia na Escola de Tenis Marineda.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60